Soledad Antelada Toledano

Hacker que traballa en ciberseguridade

Soledad Antelada Toledano, nada en Buenos Aires en 1978 é unha hacker española, experta en enxeñaría de sistemas informáticos e penetration testing, que traballa en ciberseguridade no Departamento de Seguridade do Lawrence Berkeley National Laboratory, na Universidade de California.[1]

Infotaula de personaSoledad Antelada Toledano
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Educaciónengineering Informatics (en) Traducir
Universidade de Málaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhacker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Buenos Aires, e aos catro anos, por mor da ditadura arxentina, trasladouse cos seus pais a Marbella, España, porque a súa familia, de orixe malagueña, fuxira a Arxentina durante a ditadura franquista.[2][3][4] Cando era nena, todo o mundo lle dicía que a informática era a carreira do futuro, e se esa era a carreira do futuro, ela debía matricularse nesa especialidade, aínda que na súa aula só había tres mozas.[5][2] Antelada graduouse en Enxeñaría de Sistemas Informáticos na Universidade de Málaga.[6]

Cando terminou os estudos recibiu unha bolsa como programadora dos servizos de emerxencia das comunidades autónomas de Cantabria e Andalucía e quedou alí traballando até 2008.[4][7] A finais de 2009 comezou a traballar no sistema de emerxencias de Luanda, Angola.[7]

En 1999 estivera de vacacións en San Francisco (USA), e visitara Silicon Valley.[2][4] Aínda que o inglés era o seu primeiro escollo, logrou superalo.[4][5] Gustoulle tanto California, que se propuxo volver noutra ocasión.[2] A Antelada divertíaa a idea de estudar un curso de hackers nunha universidade, e tras moito buscar, atopouno na Universidade de Berkeley.[1][8][5] Por iso volveu aos Estados Unidos en 2010; esta vez co fin de completar os seus estudos en seguridade e redes.[4][7] Matriculouse no City College de San Francisco, para facer un máster de dous anos en ciberseguridade, a fin de especializarse niso de aprender a ser hacker.[9][2][7][2][5] O curso chamábase “Penetration Testing”.[10]Conseguiu o seu título en 2012.[7][5]En 2011, mentres terminaba os seus estudos, traballou como bolseira, no Lawrence Berkeley National Laboratory (LBNL); cando finalizou a súa bolsa, ofrecéronlle traballar alí en ciberseguridade, e aceptou.[7][11][12]Este laboratorio é o berce de trece Premios Nobel, está administrado pola Universidade de California, e pertence ao Departamento de Enerxía dos Estados Unidos.[2][13]

Foi a primeira e única muller nese departamento de ciberseguridade do laboratorio, e tamén a primeira persoa de orixe hispana.[2][14][15][16]Dirixe un equipo de quince persoas expertas a cargo da seguridade de Scinet, a rede da Conferencia de Supercomputadores dos EEUU.[11]A súa área de especialización é "penetration testing", utilizando ferramentas empresariais.[17][18][2]O seu traballo céntrase en facer auditorías anuais a servidores e equipos; buscar vulnerabilidades entre dez mil equipos no LBNL.[4][3] Un dos seus lemas é: “Se o sistema non funciona, rómpeo por algún lado”.[4]Traballa directamente como unha axente externa, é dicir, finxe ser unha atacante que penetra na rede.[10][17][19] É unha hacker, pero de maneira ética.[20]

Lidera a Fundación "Girls Can Hack" (As mulleres poden hackear), creada en 2014.[13][7][5][16][10] É Presidenta do Consello de Mulleres Científicas e Enxeñeiras no Laboratorio de Berkeley.[21][22][15]

Premios e recoñecementos editar

  • En 2016 foi nomeada pola CNET como unha das 20 latinas máis influentes en tecnoloxía nos Estados Unidos.[23][24][25][26]
  • No ano 2018 recibiu un premio da Comunidade de Investigación e Educación en apoio aos grupos subrepresentados no campo da tecnoloxía.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Soledad Antelada, la niña que cruzó el océano para ser ‘hacker’". Consultado o 3 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Una malagueña, primera mujer en el departamento de ciberseguridad del Berkeley Lab. Consiltado el 5 de abril de 2020". 
  3. 3,0 3,1 "Soledad Antelada Toledano". Consultado o 2020-04-04.. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Silicon Valley. Soledad Antelada, una hispana en el corazón de la ciberseguridad". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Soledad Antelada Toledano" (PDF). Consultado o 5 de abril de 2020. [Ligazón morta]
  6. Blanco, José Manuel. "De España al Gobierno de EE.UU. visibilizando a las mujeres 'hackers'" (en castelán). Consultado o 14 de mayo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 "Soledad Antelada Toledano: El reto de la ciberseguridad". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  8. {{Cita web|url=https://www.pressreader.com/spain/cosmopolitan-espana/20180821/285336157898960%7Ctítulo=Las guardianas del ciberespacio|data-acceso= 7 de abril de 2020}
  9. "Soledad Antelada: "La desconcienciación del usuario final es la gran amenaza para la ciberseguridad global"" (en castelán). 2 de noviembre de 2018. Consultado o 14 de mayo de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "La hacker española que «tapa» agujeros de seguridad en el departamento de Energía de Estados Unidos". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  11. 11,0 11,1 "Soledad Antelada, la ingeniera malagueña que protege la red más rápida del mundo. Consulado el 7 de abril de 2020". 
  12. 12,0 12,1 "Community Awards in Support of Diversity and Inclusion Announced for 2018 Internet2 Technology Exchange". BusinessWire. Consultado o 14 de abril de 2022. 
  13. 13,0 13,1 "Soledad Antelada, responsable de ciberseguridad del Berkeley Lab y fundadora de Girls Can Hack". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  14. "Director’s Message on Lab Efforts to Support Women in Science". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  15. 15,0 15,1 "5 Influential Latina Women Disrupting the Tech Industry". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  16. 16,0 16,1 "Soledad Antelada, experta en ciberseguridad y una de las mujeres latinas más influyentes". Consultado o 3 de abril de 2020. Es la primera y única mujer que trabaja en el 'Lawrence Berkeley National Laboratory', (el centro de investigación del gobierno estadounidense) 
  17. 17,0 17,1 "Soledad Antelada: “En Estados Unidos, la ciberseguridad es una prioridad nacional". Consultado o 5 de abril de 2020. 
  18. "Conoce a los veinte latinos más influyentes en el mundo de la tecnología.Consultado el 2020-03-04.". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2021. Consultado o 04 de setembro de 2021. 
  19. "Estados Unidos prevé usar la Inteligencia Artificial como herramienta militar. Consultado o 2020-04-08.". 
  20. "Así es la hacker malagueña que trabaja para el gobierno de Estados Unidos". Consultado o 2020-04-08.. 
  21. "Community Awards in Support of Diversity and Inclusion Announced for 2018 Internet2 Technology Exchange". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 04 de setembro de 2021. 
  22. "Unaaldía organiza su primer evento de ciberseguridad UAD360". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  23. "CNET en Español celebra a los latinos más influyentes en la industria de la tecnología". Consultado o 2020-04-08.. 
  24. "Quiénes son los 20 latinos más influyentes en tecnología en EEUU". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  25. "Los 20 latinos más influyentes en Silicon Valley". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  26. "Estudios: 20 latinos influyentes en el mundo de la tecnología". Consultado o 2020-04-08.. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar