Soledad Acosta de Samper

Soledad Acosta de Samper, nada en Bogotá o 5 de maio de 1833 e finada ibídem o 17 de marzo de 1913, foi unha das escritoras máis prolíficas do século XIX en Colombia. No seu traballo creativo como novelista, narradora, xornalista, historiadora e editora, escribiu 21 novelas, 48 contos, 4 obras de teatro, 43 estudos sociais e literarios e 21 tratados de historia.[1] Fundou e dirixiu cinco xornais e tamén realizou numerosas traducións.[2] Soledad Acosta publicou xunto con algunhas das súas contemporáneas como as poetas Agripina Samper de Ancíza e Silveria Espinosa de Rendón. Porén, Acosta non só cultivou a literatura senón tamén outros eidos propios dos homes da súa época. Dedicou numerosos estudos sociais sobre o tema da muller e o seu papel na sociedade, polo que é considerada unha pioneira do feminismo.[3][4]

Soledad Acosta de Samper
Soledad Acosta de Samper.jpg
Nacemento5 de maio de 1833
Lugar de nacementoBogotá
Falecemento17 de marzo de 1913
Lugar de falecementoBogotá
SoterradaCentral Cemetery of Bogotá
NacionalidadeColombia
Relixióncatólico romano
Ocupaciónxornalista, escritora, historiadora, poeta, editora literaria, tradutora, dramaturga, especialista en literatura e learned literary
PaiJoaquín Acosta
CónxuxeJosé María Samper
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. Plata Quezada, William Elvis (2017). "Soledad Acosta de Samper: catolicismo y modernidad en Colombia siglo XIX". Hispania sacra 69 (139): 293. ISSN 0018-215X. 
  2. Rodriguez Arenas, Flor Maria (2005). Soledad Acosta de Samper, pionera de la profesionalización de la escritura femenina colombiana en el siglo xix: Dolores, Teresa la limeña y El corazón de la mujer (1869). Vervuert Verlagsgesellschaf. pp. 203–238. ISBN 9783964565518. 
  3. Gómez-Ferrer Morant, Guadalupe (2016). "Soledad Acosta de Samper y Emilia Pardo Bazán: dos pioneras del feminismo". Cuadernos de historia contemporánea (38): 127–140. ISSN 0214-400X. 
  4. Fonnegra Osorio, Paola Andrea; Osorio, Claudia Patricia Fonnegra (2017). "Soledad Acosta de Samper: mujer, formación y virtud". Escritos (en castelán) 25 (55): 513. ISSN 2390-0032. doi:10.18566/escr.v25n55.a08.