Solanum rostratum

especie de planta

Solanum rostratum
Estado de conservación
G5[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Astéridas
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Subxénero: Leptostemonum
Sección: Crinitum
Especie: 'S. rostratum
Nome binomial
Solanum rostratum
Dunal
Sinonimia

Solanum cornutum auct.[2]

Solanum rostratum é unha especie de solanácea nativa dos Estados Unidos e norte e centro de México.[2][3]

É unha planta anual, herbácea autocompatible e estepicursora.[4] Cada planta chega a 1-1,5 m de altura, ten unha ou dúas follas pinnatífidas (ver imaxe da folla), e abundantes espiñas no talo e follas. Produce flores amarelas con corolas pentgonais de 2-3,5 cm de diámetro e simetría debilmente bilateral (ver imaxe da flor).[5] Na súa área de distribución nativa S. rostratum é polinizada por abellas de gran tamaño e abesouros.[6]

As flores de S. rostratum presentan heteranteria, é dicir levan dous conxuntos de anteras de tamaño desigual, frecuentemente de distinta coloración e diverxencia na súa función ecolóxica entre a polinización e a alimentación dos insectos.[7] Os froitos son bagas encerradas nun cálice espiñento. As sementes son liberadas cando as bagas secan e sofren dehiscencia (divídense en cachos) mentres aínda permanecen unidos á planta.

Esta especie foi un dos últimos intereses científicos do famoso biólogo Charles Darwin, que xusto unha semana antes da súa morte encargara o envío das súas sementes a un colega de América, para investigar a súa heteroanteria, un asunto no que estaba interesado.[8]

Solanum rostratum é a planta hóspede ancestral do escaravello da pataca, Leptinotarsa decemlineata, pero esta praga adoptou despois a pataca, Solanum tuberosum como novo e máis suculento hóspede, un feito primeiro observado no leste de Nebraska en 1859. Despois espallouse cara ao leste seguindo os campos de patacas nas seguintes décadas e finalmente cruzou o Atlántico.[9]

Notas editar

  1. "NatureServe Explorer 2.0". explorer.natureserve.org. 
  2. 2,0 2,1 "Solanum rostratum". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA). Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  3. USDA, NRCS (n.d.). "Solanum rostratum". The PLANTS Database (plants.usda.gov) (en inglés). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 17 de novembro de 2015. 
  4. Louis Hermann Pammel (1903). Some Weeds of Iowa. Experiment Station, Iowa State College of Agriculture and the Mechanic Arts.  page 477
  5. Whalen, M.D. (1979). "Taxonomy of Solanum section Androceras". Gentes Herbarum 11 (6): 359–426. 
  6. Bowers, K.A.W. (1975). "The pollination ecology of Solanum rostratum (Solanaceae)". American Journal of Botany 62 (6): 633–8. JSTOR 2441943. doi:10.1002/j.1537-2197.1975.tb14094.x. 
  7. Vallejo-Marin, M.; Manson, J.S.; Thomson, J.D.; Barrett, S.C.H. (2009). "Division of labour within flowers: Heteranthery, a floral strategy to reconcile contrasting pollen fates". Journal of Evolutionary Biology 22 (4): 828–839. PMID 19320798. doi:10.1111/j.1420-9101.2009.01693.x. hdl:1893/942. 
  8. Buchmann, S.L. (1983). "Buzz pollination in angiosperms". En Jones, C.E.; Little, R.J. Handbook of experimental pollination biology. Van Nostrand Reinhold. pp. 73–113. ISBN 0442246765. 
  9. Riley CV. 1876. Potato Pests. Nova York, Orange Judd Co., 108pp.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.