Soiuz TMA-11

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-11 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 10 de outubro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-11
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de outubro de 2007, 13:22 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión196,80 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso19 de abril de 2008[1][5]
NSSDC ID2007-045A
Masa7200 kg[5]

Características editar

Soiuz TMA-11 foi lanzada cos cosmonautas Iuri Malenchenko, Sheikh Muszaphar Shukor e Peggy Whitson a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Zaria para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-120, STS-122 e STS-123 e dos cargueiros Progress M-61, Progress M-62 e Progress M-63. A nave regresou con Malenchenko, Whitson e Yi Soyeon a bordo (Shukor regresaría na Soiuz TMA-10) o 19 de abril de 2008.[2][3][4]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 December 2007 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (08-53480 (E)). 9 de maio de 2008: 2. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021.