Oco poplíteo

(Redirección desde «Sofraxe»)

O oco poplíteo, comunmente chamado sofraxe, é unha rexión anatómica do membro inferior humano situada detrás do xeonllo, entre a coxa e a perna. É un espazo romboidal con catro límites e un contido.

Oco poplíteo
Vista lateral da perna dereita
Glándulas linfáticas do oco poplíteo.
Latín fossa poplitea

Límites

editar
  • Supero-externo: Músculo bíceps crural.
  • Supero-interno: Músculos semimembranoso e por riba o semitendinoso.
  • Infero-externo: Músculo gastrocnemio externo e plantar delgado.
  • Infero-interno: Músculo gastrocnemio interno.

Contido

editar

De profundo a superficial (anterior a posterior):

  • Ligamento posterior do xeonllo
  • Arteria poplítea, ramo terminal da arteria femoral superficial.
  • Vea poplítea, que desemboca na vea femoral.
  • Nervio ciático-poplíteo externo
  • Vea safena externa ou maior, que desemboca na vea poplítea.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar