Socialdemocracia de Polonia
O Partido Socialdemócrata de Polonia (en polaco: Socjaldemokracja Polska, SDPL) é un partido socialdemócrata de Polonia fundado en 2004 como un grupo disidente da Alianza da Esquerda Democrática. Non debe confundirse este partido co antigo Partido Socialdemócrata da República de Polonia (SdRP). En maio de 2005 o partido chegou a un acordo con Unión do Traballo e Os Verdes-2004 para presentarse conxuntamente ás eleccións xerais. Desde finais de 2006 formou parte da coalición Esquerda e Demócratas.
Socjaldemokracja Polska Socialdemocracia de Polonia | |
---|---|
Partido socialdemócrata de Polonia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Marek Borowski (Presidente) |
Filiación internacional | Partido Socialista Europeo |
Historia | |
Fundación | 26 de marzo de 2004 1 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia |
Outros datos | |
Sede | ul. Mokotowska 29 A, 00-560, Varsovia |
Na rede | |
http://www.sdpl.pl | |
1 Escisión de Alianza da Esquerda Democrática. | |