Skinny Girl Diet é unha banda inglesa de punk rock, descrita a miúdo como riot grrrl, formada en Londres. O grupo está composto por dúa irmás, a guitarrista, compositora e vocalista Delilah Holliday e a batería Ursula Holliday.

Skinny Girl Diet
Ursula Holliday
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Xénero(s)punk rock, grunge
Selo(s) discográfico(s)Fiasco Recordings, HHBTM Records
MembrosDelilah Holliday
Ursula Holliday
Antigos membrosAmelia Cutler
Na rede
Facebook: skinnygirldiet Twitter: skinnygirldiett Instagram: skinnygirldietband Tumblr: skinnygirldietband Youtube: UC_TnvZer1wT4D47VKUXDxsA Souncloud: skinnygirldietband Musicbrainz: 309ba556-9ab2-475f-9316-507830380d2c Songkick: 3753306 Discogs: 2854157 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Delilah Holliday

As irmás Delilah e Ursula Holliday tocaran xuntas nun dúo chamado Typical Girls antes de formar Skinny Girl Diet coa súa curmá Amelia Cutler ao redor do ano 2010 ao principio da súa adolescencia.[1][2] O nome é unha referencia ao feminismo pro obesidade.[1] Amelia deixou o grupo en 2017, deixando ás irmás Holliday como un dúo.

Skinny Girl Diet realizou a súa primeira actuación como abreconcertos da antiga guitarrista de The Slits Viv Albertine.[3] Dende entón a banda vén sendo coñecida polo seu enfoque actualizado dos ideais feministas e do punk asociados co movemento riot grrrl dos anos 90.[4] A súa compoñentes teñen falado sobre a falta de músicas femininas na industria musical actual, así como sobre outros temas de igualdade nun contexto feminista contemporáneo.[5]

O grupo tamén colaborou coa exposición "Female Matters" para conseguir fondos e sensibilizar sobre a loita contra a ablación do clítoris.[6]

En 2015 a revista Billboard incluíu a Skinny Girl Diet na súa lista das "20 bandas de mulleres que necesitas coñecer", e tamén apareceu na portada no número de primavera de The Beat.[7]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Heavy Flow 2016 Fiasco Recordings, HHBTM Records
Ideal Woman 2019 Fiasco Recordings, HHBTM Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 MacWilliam, Kat Aileen & Keenan (2017-04-05). "Skinny Girl Diet Is the Punk Trio Making Feminist Music for 'Freaks and Weirdos'". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  2. "Ursula Holliday of Skinny Girl Diet | Tom Tom Magazine" (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  3. "Aesthetic: Skinny Girl Diet". Crack Magazine. Consultado o 2020-01-04. 
  4. Diet, Skinny Girl (2015-04-28). "Skinny Girl Diet: "Riot Grrrl Was a Movement, Not a Fashion Fad"". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  5. Garland, Emma (2014-11-06). "How Has Riot Grrrl Informed Modern Feminism and Punk?". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  6. Weinstock, Tish (2015-05-22). "ovaries are stronger than balls: in conversation with delilah holliday". i-D (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  7. "20 All-Female Bands You Need To Know". Billboard. Consultado o 2020-01-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar