Sitiveni Rabuka

político fiyiano

Sitiveni Rabuka, nado na provincia de Cakaudrove, Fidxi, o 13 de setembro de 1948, é un político fidxiano que exerce como primeiro ministro de Fidxi desde 2022, cargo que ocupou anteriormente desde 1992 até 1999. Foi dirixente do Partido Político Fidxiano até a súa disolución, e uniuse ao Partido Liberal Socialdemócrata (SODELPA) logo da chegada ao poder de Frank Bainimarama. Foi líder do partido nas eleccións xerais de 2018, manténdoo como a segunda formación máis grande do Parlamento, e sendo o líder da Oposición, cargo no que se mantivo dous anos máis tarde.

Infotaula de personaSitiveni Rabuka

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Cakaudrove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Fidxi
24 de decembro de 2022 –
← Frank Bainimarama
Minister for Foreign Affairs (en) Traducir
24 de decembro de 2022 –
← Frank Bainimarama
Cakaudrove (pt) Traducir
24 de maio de 2001 – 2008
← Inoke Kubuabola (en) Traducir
Chairman of the Great Council of Chiefs (en) Traducir
1999 – 2001
← Finau Mara (en) TraducirEpeli Ganilau (pt) Traducir →
Primeiro ministro de Fidxi
2 de xuño de 1992 – 19 de maio de 1999
← Kamisese Mara (pt) TraducirMahendra Chaudhry (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFidxi Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueen Victoria School (en) Traducir
Defence Services Staff College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSoqosoqo ni Vakavulewa ni Taukei (en) Traducir
People's Alliance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo
rugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoProp (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Selección de rugby de Fidxi Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rabuka-1

Traxectoria editar

Rabuka é coñecido en Fidxi por ter axudado a instigar os dous golpes de estado de 1987, que sacudiron a política interna do país oceánico.[1] Logo do seu paso pola xefatura de goberno, ocupou o cargo de Presidente do Gran Consello de Xefes, e máis tarde foi designado Presidente do Consello Provincial de Cakaudrove desde 2001 a 2008. Foi elixido para este cargo o 24 de maio de 2001 e reelixido para un novo mandato de tres anos o 13 de abril de 2005. Opositor ao goberno de Frank Bainimarama, Rabuka foi elixido presidente do Partido Liberal Socialdemócrata (SODELPA) en 2016,[2] tras a renuncia de Teimumu Kepa, quen desaprobaba publicamente a elección de Rabuka para a súa substitución. A pesar das divisións internas, o liderado de Rabuka levou o partido a lograr un 39,85% dos votos nas eleccións xerais de 2018 e a crecer 6 escanos con respecto aos comicios anteriores.

Rabuka, que denunciou fraude electoral, foi o líder da Oposición no parlamento despois das eleccións.[3] O 28 de novembro de 2020 perdeu unha elección interna polo liderado do partido contra Viliame Gavoka, que pasou a ocupar o seu cargo parlamentario.[4] Días máis tarde, o 7 de decembro, presentou a súa renuncia como membro do Parlamento, alegando que «xa non quería ser un obstáculo» para o enfoque bipartidista que, segundo el, deberían adoptar os líderes políticos para crear harmonía, progreso e unidade en Fidxi.[5]

Rabuka formou un novo partido, a Alianza Popular, para competir nas eleccións xerais de Fidxi de 2022.[6] Tras os comicios, Rabuka resultou elixido Primeiro Ministro tras chegar a un acordo de coalición co NFP e o SODELPA.[7]

Notas editar

  1. Blum, William (2002). Rogue State. Monroe: Common Courage Press. pp. 153–154. ISBN 184277221X. 
  2. "Sitiveni Rabuka wins leadership of Fiji's SODELPA". RNZ International. 24 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  3. "Rabuka named as Fiji opposition leader". https://RNZ International. 26 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018. 
  4. "Fiji's main opposition party chooses a new leader". RNZ. 2020-11-27. Consultado o 2020-11-27. 
  5. "Rabuka resigns from Parliament". 7 de decembro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  6. Nacei, Luke (10 de decembro de 2020). "Rabuka forming new party" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  7. "Sitiveni Rabuka is Fiji's new prime minister" (en inglés). 24 de decembro de 2022. Consultado o 24 de decembro de 2022.