Sa-t-i-mn (Sitamón)
Filla de Amón
en xeroglífico
<
G39timn
n
>

Sitamón foi unha princesa real e raíña consorte da dinastía XVIII do Antigo Exipto, que viviu cara ao ano 1350 a.C.. Outras formas de nomeala: "Satamón", "Sitamen", "Satamun"...

Sitamón
Nacementoc. 1350 a.C.
Lugar de nacementoAntigo Exipto
Falecementoc. anos 1300 a. C.xuliano
Nacionalidadeexipcia
OcupaciónPrincesa da Dinastía XVIII do Antigo Exipto
PaiAmenofis III
NaiTiy
CónxuxeAmenhotep III
IrmánsDama Jovem, Beketaten, Iset, Nebetah, Henuttaneb, Semenkhkare, Thutmose, Akhenatón, Mutnofret, Amen-hotep I, Ahmose-Meritamun e Ahmose-Sitamun
editar datos en Wikidata ]
Cadeira de Sitamón

Familia editar

Descoñecemos a xenealoxía exacta de Sitamón, pero adóitana facer como a filla máis vella do faraón Amenhotep III e da súa primeira e máis importante Gran Esposa Real, a raíña Tiy. Outras fontes pensan que no canto de ser filla de Amenhotep III era a súa irmá (sería entón filla de Thutmose IV e da súa Gran Esposa Real Iaret), aínda que a versión máis estendida na actualidade é que fosen pai e filla.

Traxectoria editar

No ano 30º do reinado de Amenhotep III, cando se celebraba o xubileu do monarca (o soado festival Heb Sede), o monarca decidiu casar con Sitamón, que por entón debería de contar vinte anos, máis ou menos. Isto debeu de ser unha gran sorpresa, sobre todo para o pobo común, pois nunca antes se deran casos de incesto, ou polo menos iso se cría. O certo é que as causas de que Amenhotep III casase a esas alturas con Sitamón, cando a súa descendencia parecía asegurada xa polo futuro Akhenatón son un enigma. En teoría, e como xa se dixo antes, Sitamón estaba destinada a casar co seu irmán, e non co seu pai.

Tras este feito, Sitamón practicamente desaparece de escena, e non se volve a ter mención dela ata logo da morte do seu pai e marido, nove anos despois do seu matrimonio. A pesar de ser ascendida ao rango de Gran Esposa Real (cousa que non fixo Amenhotep III co resto das fillas coas que casaría), nunca tivo tanta importancia como a súa nai Tiy, nin ningún peso político coñecido.

Títulos de Sitamón editar

  • Gran Filla Real (filla primoxénita).
  • Gran Esposa Real (Esposa de Amenhotep III), no ano 30º do reinado de Amenhotep III (festa Sed).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar