Sister Rosetta Tharpe

Rosetta Nubin, nada en Cotton Plant o 20 de marzo de 1915 e finada en Filadelfia o 9 de outubro de 1973, coñecida como Rosetta Tharpe ou Sister Rosetta Tharpe, foi unha pioneira cantante de gospel estadounidense. Adquiriu gran popularidade nas décadas de 1930 e 1940 coa súa mestura única de letras espirituais e acompañamento rock and roll. Converteuse na primeira grande estrela da música gospel na década de 1930 e é coñecida como "Original soul sister". Influíu de xeito moi forte comou unha música moi inicial de rock and roll, a Little Richard, Johnny Cash, Chuck Berry, Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis.[1][2][3]

Sister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta Tharpe (1938 publicity photo - headshot).jpg
AlcumeRosetta Nubin e Rosetta Tharp
Nacemento20 de marzo de 1915
Lugar de nacementoCotton Plant
Falecemento9 de outubro de 1973
Lugar de falecementoFiladelfia
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Ocupaciónmúsica, cantante, guitarrista, guitarrista de jazz e gospel singer
PremiosSalón da Fama do Rock, Arkansas Black Hall of Fame e Arkansas Entertainers Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0857093 Youtube: UCM8MNT2OAyMhnnZWJHkE69Q Spotify: 2dXf5lu5iilcaTQJZodce7 iTunes: 83567 Last fm: Sister+Rosetta+Tharpe Musicbrainz: f5625c87-5a62-4b3b-a375-fe08a71acddc Discogs: 322295 Allmusic: mn0000013511 WikiTree: Nubin-1 Find a Grave: 14947188 Deezer: 57107 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nun intento de cruzar a liña entre a música sagrada e a música profana tocando a súa música espiritual "luminosa" na "escuridade" dos clubs nocturnos e salas de concertos con grandes bandas como acompañantes, o seu idiosincrático estilo deixou unha pegada nos artistas gospel máis convencionais como Ira Tucker, ou os Dixie Hummingbirds. Aínda que ofendeu a moitos fieis coas súas incursións na música pop, nunca deixou a música gospel.[1][4]

TraxectoriaEditar

Tharpe naceu en Arcansas e comezou a tocar e cantar aos catro anos de idade, anunciada como "A pequena Rosetta Nubin, o milagre da guitarra e o canto", acompañando a súa nai, a evanxelista da Igrexa de Deus en Cristo, Katie Bell Nubin, que tocaba a mandolina e predicaba en igrexas do Sur. Exposta ao blues e ao jazz no Sur e despois de que a súa familia se mudase a Chicago nos anos vinte, comezou a tocar blues e jazz en privado mentres continuaba a tocar gospel en actos públicos. O seu estilo único reflectía esas influencias profanas: tocaba as notas como os músicos de jazz e pinzaba a guitarra como Memphis Minnie, a máis prolífica e popular muller do blues da época, e quizais da historia.[5][6]

En 1970, durante unha xira en Europa con Muddy Waters, Tharpe enfermou e tivo que volver aos Estados Unidos, onde a causa da diabetes lle foi amputada unha perna. Aínda que deu máis actuacións, faleceu en 1973.[7]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

  • The Lonesome Road, Decca 224 (1941)
  • Blessed Assurance (1951)
  • Wedding Ceremony of Sister Rosetta Tharpe and Russell Morrison, Decca DA-903 (1951)
  • Gospel Train (1956)
  • Famous Negro Spirituals and Gospel Songs (1957)
  • Sister Rosetta Tharpe, MGM E3821 (1959)
  • Sister Rosetta Tharpe, Omega OSL31 (1960)
  • Gospels in Rhythm (1960)
  • Live in 1960 (1960)
  • The Gospel Truth with the Bally Jenkins Singers (1961)
  • Sister Rosetta Tharpe, Crown LP5236 (1961)
  • Sister on Tour (1962)
  • Live in Paris (1964)
  • Live at the Hot Club de France (1966)
  • Negro Gospel Sister Rosetta Tharpe and the Hot Gospel Tabernacle Choir and Players (1967)
  • Precious Memories, Savoy 14214 (1968)
  • Singing in My Soul, Savoy 14224 (1969)

As súas obras completas ata 1961 foron publicadas en sete caixas de CD dobres polo selo francés Frémeaux & Associés.[8]

SinxelosEditar

Ano Sinxelo Posiciones
US
R&B[5]
1945 "Strange Things Happening Every Day" 2
1948 "Precious Memories" 13
"Up Above My Head, I Hear Music in the Air" 6
1949 "Silent Night" 6

TributosEditar

  • Shout, Sister, Shout: A Tribute to Sister Rosetta Tharpe (2003)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Godmother of Rock and Roll: Sister Rosetta Tharpe". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2015. 
  2. DeLuca, Dan (26 de febreiro de 2007). "Sister Rosetta Tharpe got rock rolling long before Elvis". PopMatters. Consultado o 23 de marzo de 2015. 
  3. "The Godmother of Rock & Roll: Sister Rosetta Tharpe". BBC Four. 24 de maio de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2015. 
  4. Wald, Gayle. Shout, Sister, Shout! p. vii.
  5. 5,0 5,1 Whitburn, Joel (2004). Top R&B/Hip-Hop Singles: 1942–2004. Record Research. p. 440. 
  6. Ankeny, Jason (2015). "Sister Rosetta Tharpe : Biography". AllMusic. Consultado o 23 de marzo de 2015. 
  7. McNeil, W. K. Encyclopedia of American gospel music Routledge Consultado o 23 de xaneiro de 2011 (en inglés)
  8. "Complete Sister Rosetta Tharpe: Volume 7". Frémeaux & Associés (en francés). 2015. Consultado o 23 de marzo de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar