Sistema de monitorización do condutor

O Sistema de monitorización do condutor é un algoritmo de visión por computador, forma parte da familia de algoritmos da tecnoloxía ADAS. Nos vehículos modernos equipados con sensores pasivos como a cámara e activos como as cámaras TOF é posíbel detectar e identificar o condutor do vehículo e o seu nivel de atención durante a condución. O propósito da monitorización consiste en alertar o condutor ante calquera signo de fatiga ou distracción, en especial o cálculo do tempo no que os ollos permanecen pechados, a dirección da mirada e a posición da cabeza. De xeito secundario os Tier 1 propoñen o control de certas funcións dixitais do coche co movemento dos ollos.[1]

DescriciónEditar

Unha das solucións do algoritmo constitúe o adestramento de redes de aprendizaxe automática como as ANNs, que procesan a información fusionada obtida de diversos indicadores físicos e de aptitude durante a condución.

Estes indicadores obtéñense da observación do condutor por parte de sistemas de visión monoculares. Situados á fronte do condutor, usualmente no cadro de instrumentos e baixo iluminación artificial condicionada, se a opción do sensor non consiste en tecnoloxía infravermella, o obxectivo é obter este rexistro de indicadores de xeito independente á iluminación externa na cabina. Cando a luz é baixa unha cámara pasiva pode activar a iluminación artificial.

A información do sensor combínase coa lida a través do BUS CAN : xiro do volante, odometría e posición de roda en liña lateral. Estes sinais normalízanse, optimízanse e sincronízanse cos fotogramas da cámara.

A fusión final durante o adestramento das ANNs obtén a vantaxe de que este tipo de redes neuronais non precisan de parametrización previa para xerar un clasificador apto. Os resultados das ANNs producen entre un 55% e un 90% de xuízos correctos sobre a pronta avaliación da fatiga no condutor.[2]

Entre as características definitorias do sistema atópanse :

  • Identificación e recoñecemento do condutor para poder restaurar os axustes e preferencias asociados a cada perfil automaticamente.
  • Monitorizar a fatiga e alertar ante unha posíbel perda de control do vehículo.
  • Monitorizar a dirección da mirada e alertar cando se tome un excesivo tempo sen atender á vía e isto impida detectar un perigo inmediato.
  • Seleccionar ou aumentar certas áreas do panel de control dixital coa mirada.

Vehículos que inclúen na súa equipación de serie ou de demostración o algoritmoEditar

  • Lexus GX 460
  • Lexus HS 250h
  • Lexus LS 600h
  • Lexus LS 460
  • Lexus GS 450h
  • F 015 Luxury in Motion
  • Toyota Crown Hybrid
  • 2019 Audi A8[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Sistemas avanzados de asistencia ao condutor