Sistema de clasificación de Engler

O sistema Engler é un sitema de clasificación de plantas e o primeiro concibido como filoxenético, despois de que Darwin difundise a súa Teoría da Selección Natural. Foi desenvolvido polo botánico alemán Adolf Engler cunha primeira edición en 1892, e foi continuado por colaboradores até a súa última edición en 1964, editada por Melchior.

Características editar

Debido ás lagoas de coñecementos en anatomía e bioloxía molecular das plantas nesa época, o sistema está baseado principalmente en trazos morfolóxicos de acceso relativamente sinxelo a través dunha lupa e un microscopio.

Aínda que este sistema de clasificación xa non é considerado filoxenética, séguese ensinando principalmente porque moitos libros de taxonomía de plantas están ordenados segundo este sistema.

Este sistema concibe unha circunscrición tradicionalista do reino Plantae. Nunha época en que todos os seres vivos eran ou plantas ou animais, o sistema de clasificación acolleu como plantas a todos os organismos con capacidade de fotosintetizar e aos organismos sen motilidade, a saber:

  • - Algúns tipos de bacterias (que na clasificación por 5 reinos pertencen ao reino Monera que agrupa a todos os procariotas, mentres que na clasificación máis moderna as bacterias están divididas en reinos Bacteria e Archaea).
  • - Os fungos, que hoxe se sabe que están máis emparentados cos animais que coas plantas, e na clasificación por 5 reinos pertencen ao seu propio reino Fungi.
  • - Diferentes tipos de "algas", definidas como organismos eucariotas con cloroplastos, que na clasificación por 5 reinos pertencen ou ben ao reino Protista ou ben ao reino Plantae se son multicelulares, e hoxe sábese que pertencen a varias liñas filogenéticas non emparentadas.
  • - As "algas vermellas"(Rhodophyceae), as "algas verdes" (Chlorophyta e Charophyta) e as plantas terrestres (Embryophyta asiphonogama e Embryophyta siphonogama), tendo todas elas un antecesor común segundo os últimos estudos moleculares.

Cada sistema de clasificación filoxenético reflicte as teorías evolutivas da época, e o sistema de Engler non é a excepción. Engler concibiu ao reino das Plantas como composto por Divisións de organismos fotosintéticos ou sen motilidade cada vez máis complexos, sendo os máis complexos descendentes dos máis sinxelos.

Aínda que os coñecementos da época non lle permitiron ter moitos acertos nas divisións "inferiores" do reino Plantae (divisións cuxo uso tal como concibiuno Engler está practicamente descartado hoxe en día), os estudos moleculares actuais acordaron a monofilia de varias divisións. Tamén os estudos moleculares acordaron a parafilia doutras divisións, aínda que Engler concibiunas como monofiléticas, as agrupacións parafiléticas son consideradas útiles e son validadas por moitos autores. No caso particular da división Gymnospermae, cuxa monofilia foi moi discutida nos últimos anos e de feito descartada por outros sistemas posteriores como o de Cronquist, á data de edición deste artigo (decembro do 2006) está practicamente acordado que é monofilética. Tamén a súa división Anxiospermae foi acordada como monofilética practicamente en todos os sistemas de clasificación filoxenéticos, hoxe en día confirmada polos estudos moleculares, aínda que hoxe é máis utilizado nalgunhas áreas o seu sinónimo Magnoliophyta. Dentro da división Anxiospermae, é interesante a súa hipótese sobre a evolución da flor. Engler concibiu ás Gnetopsidas (unha clase de ximnospermas con moitos trazos derivados parecidos aos das anxiospermas) como posuidoras da flor ancestral, polo que fixo a hipótese que a anxiosperma ancestral tiña flores en inflorescencias, que non tiñan perianto, cheiro nin cor, e que se polinizaban a través do vento. Por tanto, as flores con perianto serían máis recentes que as aperiantadas (en particular as flores que só teñen sépalos serían máis antigas que as que teñen sépalos e pétalos), e a unión dos pétalos entre si sería un suceso evolutivo posterior. Por tanto a cantidade de pétalos e sépalos nas flores, e se están unidos entre si ou non, serían trazos que reflicten a posición da planta na árbore filoxenética. Aínda que hoxe en día están descartadas todas estas hipóteses da orixe e a evolución da flor, esta clasificación utiliza un carácter moi conspicuo para a determinación (cantidade de pétalos e sépalos), polo que segue resultando "cómoda" para varios investigadores.

Divisións do reino Plantae editar

De acordo con Engler, no seu libro Syllabus der Pflanzenfamilien (1924), os grupos principais de plantas son

As relacións das embriófitas cos grupos monofiléticos están explicitadas no seguinte cadro:

 
Árbore filoxenética actualizada dos diferentes grupos de embriófitos.

Pteridophyta editar

A clasificación da clase Filicopsida das pteridófitas sensu Engler aceptada é (nota: a lista pode estar incompleta):

Angiospermae editar

A clasificación das anxiospermas conforme á última edición do Syllabus der Pflanzenfamilien (12ª edición, 1964), tamén considerado como "sistema Melchior" ou "sistema Engler modificado", é a seguinte:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar