Sinfonía nº 10 (Mahler)

A Sinfonía nº 10 de Mahler comezou a escribirse no 1910. A obra quedou inacabada coa morte do compositor no ano 1911.

Sinfonía nº 10

Partitura editar

O manuscrito conservado da décima sinfonía de Mahler conta con 72 páxinas de partitura orquestral, 50 de partitura reducida e 44 páxinas máis de borradores e engadidos diversos. Mahler deixou todos os movementos escritos, mais só instrumentou o primeiro e os 28 primeiros compases do segundo. Diversos compositores posteriores instrumentaron o resto da obra, entre eles o británico Deryck Cooke ou Remo Mazzetti.

Estrutura editar

A sinfonía divídese en cinco movementos distribuídos simetricamente:

  • Andante-Adagio. Único completo e instrumentado para a orquestra. Ton apaixonado.
  • Scherzo i. Scherzo relativamente alegre, algo inusitado na obra de Mahler.
  • Purgatorio. Orixinariamente titulado Purgatorio oder Inferno. Presenta unha visión dorida do mundo, considerado malvado, vulgar e distante. En liña co pensamento do filósofo predilecto de Mahler, Arthur Schopenhauer.
  • Scherzo ii. Movemento tétrico e escuro.
  • Finale: Lento, pesante. Desenvolve unha marcha fúnebre. Dalgún xeito pecha os motivos anteriormente expresados.

A duración temporal de cada parte é practicamente idéntica, e existe unha clara simetría entre movementos. Así son moi similares en tema e estrutura, o andante e o finale por unha banda, e os scherzos pola outra.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • La música de Gustav Mahler: Una guia d'audició. Joan Grimalt. Editorial Duxelm (en catalán)