Sindicatura de Contas de Cataluña

A Sindicatura de Contas de Cataluña (en catalán: Sindicatura de Comptes de Catalunya) é unha institución da Generalitat de Cataluña que depende organicamente do Parlamento de Cataluña segundo o que establecen os artigos 80 e 81 do Estatuto de Autonomía[1] de Cataluña e no artigo 1 da Lei 18/2010, do 7 de xuño, da Sindicatura de Contas.[2] A Sindicatura de Contas é a institución encargada de fiscalizar a xestión económica, financeira e contable do sector público catalán, e do control de eficiencia da Generalitat. Foi creada o 5 de marzo de 1984, aínda que as súas orixes remóntanse ao século XIII, cando o xeral de Cataluña instituíu os "oïdors de comptes", que tiñan por función o control da xestión das contas públicas.

A Sindicatura depende organicamente do Parlament,[2] que lle delega as funcións que desempeña, con plena autonomía organizativa, funcional e orzamentaria. A Sindicatura de Contas ten personalidade xurídica propia. Está formada polos síndicos designados polo Parlament por maioría de tres quintas partes. Os síndicos, á súa vez, elixen o síndico ou síndica maior. Actualmente, o síndic major é Jaume Amat i Reyero.

Notas editar

  1. "Estatut d'autonomia de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Llei 6/1984 de 5 de març de la Sindicatura de comptes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 31 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar