Asubío gomero

(Redirección desde «Silbo gomero»)

O asubío gomero (en castelán: silbo gomero) é unha linguaxe asubiada practicado por algúns habitantes de La Gomera (Canarias) para comunicarse a través de barrancos. O asubío transforma os sons vocalizados de calquera linguaxe natural humana en asubíos tonais recoñecibles a distancia. Trala desaparición da lingua guanche orixinaria, no presente codifica a lingua castelá.

Asubío gomero
Home facendo o asubío gomero.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónIllas Canarias
TipoCultural inmaterial
Criterios-
Inscrición2009
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador00172

Historia editar

Asubío gomero.

O asubío foi creado polos primeiros habitantes da illa, aborixes canarios, e era "falado" tamén en El Hierro, Tenerife e Gran Canaria. No século XVI, trala conquista das Illas Canarias, os últimos guanches adaptaron o asubío á lingua castelá — mentres a lingua orixinal, a lingua guanche, íase extinguindo.

Por mor do perigo de desaparición do asubío a comezos do século XXI, debido ás melloras das comunicacións e especialmente da desaparición de actividades como o pastoreo nas que máis se empregaba, o Goberno canario regulou a súa aprendizaxe na escola, e declarou o asubío gomero como patrimonio etnográfico das Canarias en 1999. O 30 de setembro de 2009, o asubío gomero foi inscrito pola Unesco na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, grazas en boa parte ó traballo realizado polo goberno canario.[1] Isidro Ortiz Muñoz impartiu clases de asubío en colexios da illa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Meyer, J., Meunier, F., Dentel, L. (2007). Identification of natural whistled vowels by non whistlers. Proceedings of Interspeech 2007.
  • Trujillo, R., et al (2005). EL SILBO GOMERO. Materiales didácticos. Illas Canariaa: Consellería de Educación, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias - Dirección General De Ordenación e Innovación Educativa. ISBN 84-689-2610-8.
  • Carreiras M, López J, Rivero F, Corina D (2005). Linguistic perception: neural processing of a whistled language Nature 433 (7021): 31-32. PMID 15635400
  • Trujillo, R. (1990). The Gomeran Whistle: Linguistic Analysis (English translation: J.Brent). Scta. Cruce Nivariae: Library of Congress, Washington, DC (iam non impressus).
  • Trujillo, R. (1978). EL SILBO GOMERO: análisis lingüístico. Scta. Cruce Nivariae. ISBN 84-85543-03-3.
  • Busnel, R.G. e Classe, A. (1976). Whistled Languages. Nova York: Springer-Verlag. ISBN 0387077138
  • Classe A. (1957). The whistled language of La Gomera. Scientific American, 196, 111-124.
  • Díaz Reyes, D. (2008). El lenguaje silbado en la Isla de El Hierro. Excmo. Cabido Insular de El Hierro. Scta. Cruce Nivariae.