Signos non lingüísticos

Os signos non lingüísticos son os obxectos ou entidades que comunican algo, pero que non están mediados nin pola linguaxe falada nin pola linguaxe escrita. A semiótica, ciencia que se encarga de estudar os signos, explica que todos comprenden tres elementos: o signo ou vehículo sinal, o designado e o intérprete. Así, se por exemplo, situados nun contexto dunha loita, unha bandeira branca é signo, o que comunica (tregua ou rendición) é o designado e o seu intérprete sería o bando contrario.

Tipos editar

  • Os signos naturais tamén reciben o nome de indicadores ou índices. A súa interpretación depende do coñecemento humano sobre o funcionamento da natureza. Por exemplo, as engurras do rostro son índice de envellecemento.
  • Os signos artificiais son os creados polo home, e son os que nos interesan a nós; sobre todo os signos lingüísticos que coñecemos como sistemas verbais, é dicir, como linguas. Esta categoría contén toda a variedade de aspectos da actividade cognitiva e práctica da humanidade. Estes signos e os seus significados xéranse da interacción social.

Dentro dos signos non lingüísticos tamén se inclúen as iconas e os símbolos:[1]

  • Os símbolos son obxectos materiais que funcionan por exemplarización ou metáfora. Esixen unha convención previa para que o símbolo sexa interpretado e entendido como tal.
  • As iconas son as que teñen maior rendemento no uso publicitario. Estas funcionan polo principio de semellanza e poden empregar toda clase de debuxos, imaxes e fotografías. Gardan unha certa semellanza co obxecto ao que se refiren. Por exemplo, as iconas que indican os servizos de homes e mulleres nos lugares públicos.

Notas editar

  1. Blanco Rodríguez, Luisa (2005). "Lengua y grafía. Recursos fónicos.". Lenguaje Publicitario. La seducción permanente. Ariel. p. 159-160.