Siegfried Sassoon

Siegfried Loraine Sassoon, nado en Matfield, Kent, o 8 de setembro de 1886 e finado en Heytesbury, Wiltshire, Reino Unido, o 1 de setembro de 1967, foi un escritor e poeta británico. Os seus poemas antibelicistas, escritos tras a experiencia no exército británico na Primeira guerra mundial, fixéronse famosos e o maior recoñecemento literario obtívoo pola autobiografía novelada, coñecida como triloxía Sherston.[1]

Siegfried Sassoon
Siegfried Sassoon by George Charles Beresford (1915).jpg
Nacemento8 de setembro de 1886
Lugar de nacementoMatfield
Falecemento1 de setembro de 1967
Lugar de falecementoHeytesbury
SoterradoSomerset
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Relixióncatolicismo e xudaísmo
Alma máterUniversidade de Cambridge, Clare College, New Beacon School e Marlborough College
OcupaciónMilitar, escritor, poeta
PaiAlfred Ezra Sassoon
NaiTheresa Thornycroft
CónxuxeHester Gatty e Stephen Tennant
FillosGeorge Sassoon
IrmánsHamo Watts Sassoon
Coñecido porMemoirs of a Fox-Hunting Man
PremiosCruz Militar, Comandante da Orde do Imperio Británico, James Tait Black Memorial Prize, Queen's Gold Medal for Poetry e Hawthornden Prize
Na rede
Musicbrainz: 0ff588ef-f7f7-4a73-b293-4df3d1eb39ca Songkick: 934981 Discogs: 854499 WikiTree: Sassoon-2 Find a Grave: 18860 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Polos méritos militares, como traer de volta un soldado ferido durante un intenso fogo, foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico e recibiu a Cruz Militar.[2]

Primeiros anos e educaciónEditar

 
Sassoon (diante) co seu irmán Hamo e outros estudantes na mañá posterior a unha festa de fin de curso na Universidade de Cambridge en 1906

O seu pai, Alfred Ezra Sassoon Masri, pertencía a unha familia de comerciantes xudeus, pero foi desherdado ao casar cunha católica, Teresa, da familia de escultores Thornycroft, creadores dalgunhas célebres estatuas de Londres.

Siegfried foi o segundo de tres fillos. O seu nome foi elixido pola súa nai, que sentía afección pola música de Wagner. Cando Sassoon tiña catro anos, os seus pais separáronse. O pai visitaba semanalmente os fillos na casa familiar, mentres a nai se pechaba na sala, molesta pola separación. En 1894, Alfred Sassoon morreu de tuberculose aos 33 anos [3] o que afectou moito ao neno.

Sassoon estudou na New Beacon de Kent e no Marlborough College de Wiltshire. Comezou estudos de Dereito e Historia no Clare College de Cambridge, sen chegar a terminalos. A universidade nomeouno membro numerario en 1953 e custodia e divulga os seus diarios. [4]

Publicou algúns libros sen éxito, até a parodia The Everlasting Mercy de John Masefield, co pseudónimo de Saul Kain [5], que supuxo o seu primeiro éxito literario.

Servizo na guerraEditar

 
Retrato de Sassoon obra de Glyn Warren Philpot, 1917. Fitzwilliam Museum

Motivado polo patriotismo, Sassoon alistouse vendo que Europa ía cara á primeira guerra mundial. En agosto de 1914, durante a declaración de guerra a Alemaña, estaba de servizo no Yeomanry Sussex. Debido a un accidente de equitación, pasou a convalecencia en Inglaterra. A morte do seu irmán máis novo, Hamo, na batalla de Galípoli afectoulle moito.[6]

En maio de 1915, foi destinado como tenente nos Royal Welch Fusiliers, e en novembro enviado a Francia. Alí fíxose amigo de Robert Graves; unidos pola vocación poética, lían e discutían os seus traballos. Ao ver a realidade da guerra, Siegfried arrepiouse e o ton da súa escritura cambiou: mentres os primeiros poemas presentan un romanticismo e dozura diletantes, no propósito de transmitir o horror das trincheiras a unha audiencia arrulada pola propaganda patriótica, asumiu un ton discordante. Detalles como corpos esnaquizados e en descomposición, sucidade, covardía e suicidios son marcas da súa obra nese momento, e a filosofía de "non descualifique a verdade" tivo un efecto significativo sobre o movemento da poesía modernista.

Os períodos de servizo de Sassoon na Fronte Occidental caracterizáronse por accións valentes, incluíndo a captura dunha trincheira na Liña Hindenburg. El saía a miúdo na noite a redadas e patrullas e demostrou unha eficacia desapiadada como comandante. O afundimento na miseria que os soldados eran obrigados a soportar produciulle un valor maníaco. Polas fazañas case suicidas, os seus homes alcumárono Jack o Tolo. O 25 de xullo de 1916 foi condecorado coa Military Cros; a cita reza:

Pola súa destacada bravura durante unha incursión nas trincheiras do inimigo. Permaneceu 1 hora e media baixo o lume de rifles e bombas recollendo e traendo os nosos feridos. Debido á súa valentía e determinación, todos os mortos e feridos foran recuperados.[7]

Deprimido pola morte do seu amigo David Cuthbert Thomas ("Dick Tiltwood" na triloxía Sherston), Sassoon negouse a volver ao servizo, e animado por amigos pacifistas, como Bertrand Russell e Lady Ottoline Morrell, decidiu en 1917 protestar contra a prolongación da guerra. Con este fin, enviou unha carta ao comandante en xefe titulada Declaración dun Soldado, transmitida á prensa e lida no Parlamento por un deputado afín. A declaración falaba da futilidade da guerra:

"Estou a facer esta declaración como un acto de desafío intencional á autoridade militar (...) Creo que a guerra na que unha vez entrei como defensiva e de liberación, converteuse nunha guerra de agresión e de conquista").[8]

En lugar de enviar a Sassoon á corte marcial, o Subsecretario de Estado para a Guerra, Ian MacPherson decidiu que non era apto para o servizo e mandouno ao Hospital de Craiglockhart, preto de Edimburgo, onde foi oficialmente tratado por neurastenia.[9] Antes de rexeitar volver ao servizo, guindara o listón da súa Cruz Militar ao río Mersey.

A novela Regeneration de Pat Barker é un relato de ficción dese período, foi levada ao cine no filme do mesmo título en 1997, protagonizado por James Wilby como Sassoon, e Jonathan Pryce como W. HR Rivers, o psiquiatra que foi unha especie de pai substituto para o mozo atormentado. A súa repentina morte en 1922 foi outro gran pau para Sassoon.

En Craiglockhart, Sassoon coñeceu ao poeta Wilfred Owen, quen grazas a el perseverou na ambición de escribir mellor poesía. Unha copia manuscrita do Himno á mocidade condenada con correccións manuscritas de Sassoon, exposta no Imperial War Museum de Londres, é testemuño da medida da súa influencia. Os documentos que se conservan mostran a profundidade do afecto de Owen e a súa admiración por Sassoon. Ambos regresaron ao servizo en Francia, pero Owen foi morto en 1918. Sassoon, a pesar de todo, foi ascendido, e tras pasar un tempo fóra de perigo en Palestina, regresou á fronte onde foi ferido por fogo amigo na cabeza; pasou o resto da guerra en Gran Bretaña. Por entón fora promovido ao grao de capitán, e aínda que renunciou ao seu cargo en 1919, mantivo o rango.[10] Após da guerra, Sassoon desempeñou un gran papel ao dar a coñecer o traballo de Owen a un público máis amplo. A amizade entre os dous é o tema da obra de teatro de Stephen MacDonald, Not About Heroes.

PosguerraEditar

 
Placa conmemorativa na casa onde viviu Sassoon en Tufton Street, Westminster, Londres.

Na guerra Sassoon entrara en contacto con homes de clases sociais desfavorecidas, o que contribuíu a que simpatizase co ideario socialista. Despois dun tempo en Oxford, onde frecuentaba os amigos dos círculos literarios, militou brevemente en política afiliándose ao movemento obreiro, e en 1919 comezou un labor como editor literario do xornal socialista Daily Herald. Nese período Sassoon foi o responsábel de captar como críticos a persoas como E. M. Forster e Charlotte Mew, e de encargar material orixinal a Arnold Bennett e Osbert Sitwell. Os seus intereses artísticos tamén se estenderon á música. En Oxford presentáronlle ao mozo músico William Walton, de quen foi amigo e mecenas. Walton máis tarde dedicaría a súa abertura Portsmouth Point a Sassoon en recoñecemento ao seu apoio.

Sassoon emprendeu unha xira de conferencias por EE.UU., e viaxou por Europa nun automóbil ofrecido polo editor Frankie Schuster. Mentres tanto, empezara a practicar a homosexualidade de maneira aberta. Embarcouse nunha aventura amorosa co artista Gabriel Atkin, a quen fora presentado por amigos comúns. Durante a súa xira por EE.UU., atopouse cun novo actor que o tratou cruelmente. Con todo, foi adorado polo público feminino, entre eles o do Vassar College.

Sassoon era un gran admirador do poeta galés Henry Vaughan. Nunha visita ao Gales en 1923, visitou a súa tumba en Llansanffraid, Powys, e alí escribiu un dos seus poemas máis coñecidos de tempos de paz: Na tumba de Henry Vaughan. A morte de tres dos seus máis próximos amigos nun curto espazo de tempo (Edmund Gosse, Thomas Hardy e o editor Frankie Schuster) chegoulle como outro revés grave para a súa felicidade persoal.

Ao mesmo tempo, Sassoon dispúñase a tomar unha nova dirección: durante a súa permanencia nos Estados Unidos esbozara unha novela. En 1928, diversificouse na prosa con "Memoirs of a Fox-Hunting Man" (Memorias dun cazador de raposos), o primeiro volume publicado de forma anónima dunha ficticia autobiografía novelada, que foi aceptada case de inmediato como un clásico, o que lle trouxo ao autor nova fama como escritor de humor. O libro gañou o James Tait Black Award en 1928. Sassoon seguiu con "Memoirs of an Infantry Officer" (Memorias dun oficial de infantaría) (1930) e Sherston's Progress (1936). Nos anos posteriores, revisou a súa nenez e mocidade en tres volumes da súa autobiografía real, que tamén foron amplamente aclamados. Este tres relatos tituláronse The Old Century, The Weald of Youth e Sigfried's Journey.

 
Sepultura de Siegfried Sassoon no patio da igrexa de Mells.

Despois dunha sucesión de aventuras amorosas con homes, [11] incluído Glen Byam Shaw, o seu amigo íntimo durante o resto da súa vida, Shaw casou coa actriz de The Ghost Train, Angela Baddeley, e en 1933, Sassoon casou con Hester Gatty, moitos máis nova que el. Isto levou ao nacemento dun fillo, algo que Sassoon anhelaba desde había moito tempo. Este neno, o seu único fillo, George Sassoon (1936-2006) converteuse nun notable científico, lingüista e autor, e foi a adoración de Siegfried, quen lle escribiu varios poemas. Con todo, o matrimonio rompeu despois da segunda guerra mundial. Sassoon, aparentemente, era incapaz de atopar un equilibrio entre a soidade que lle gustaba e a compañía que tanto ansiaba.

Desde 1945, Sassoon viviu recluído en Heytesbury, aínda que se mantivo en contacto cun círculo que incluía a E. M. Forster e J. R. Ackerley. Fixo estreita amizade con Vivien Hancock, directora da Greenways School á que o seu fillo George asistía. Esta relación provocou que a súa exesposa Hester fixese algunhas duras acusacións contra Vivien Hancock, quen respondeu coa ameaza de accións legais.[12] Sassoon foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico en 1951.[13]

En 1957, con 71 anos, converseuse ao catolicismo, e realizou visitas periódicas ás monxas de Stanbrook Abbey. A imprenta da abadía publicou edicións conmemorativas dalgúns dos seus poemas. Durante este tempo tamén se interesou en asuntos de carácter sobrenatural, e uniuse ao Ghost Club.

Morreu de cancro de estómago sete días antes de facer os 81 anos. Está enterrado en St Andrew de Mells (Somerset), nunha tumba próxima á de Ronald Knox, sacerdote e escritor a quen admiraba.

LegadoEditar

O 11 de novembro de 1985, Sassoon foi homenaxeado xunto a quince poetas bélicos da gran guerra, nunha lousa localizada na Abadía de Westminster na Poet's Corner.[14] A inscrición foi escrita polo seu amigo e compañeiro poeta de guerra Wilfred Owen. Di así: "O meu tema é a guerra, e a compaixón da guerra. A poesía está na compaixón".[15]

O único fillo de Siegfried Sassoon, George Sassoon, morreu de cancro aos oitenta anos en 2006. George tivo tres fillos, dous dos cales morreron nun accidente de automóbil en 1996. A filla de George polo seu primeiro matrimonio, Kendall Sassoon [16] é a Patroa Xefa da Siegfried Sassoon Fellowship.[17]

En maio de 2007, a medalla cuxo listón Sassoon guindara ao mar, achouse nun ático na casa de Mull, onde o seu fillo vivira, e foi comprada polos Royal Welch Fusiliers para a exhibición no seu museo de Caernarfon.[18]

En 2009, a Universidade de Cambridge anunciou plans para adquirir un valioso arquivo de documentos de Sassoon, en poder da súa familia, coa intención de agregalos á colección de Sassoon na biblioteca da Universidade[4]. O National Heritage Memorial Fund apoiou a compra con 550.000 libras do 1,25 millóns do prezo de venda acordado.[19][20]

Na cultura popularEditar

Varios dos poemas de Sassoon foron musicalizados, algúns durante a súa vida, como Cyril Rootham, ou en tempos recentes por Ed Puddick e a Greater Manchester Jazz Orchestra[21].

O filme de 1997 Regeneration céntrase na institucionalización do poeta de guerra inglés Siegfried Sassoon (James Wilby) e do galés Wilfred Owen (Stuart Bunce) e no seu tratamento polo psiquiatra William Rivers (Jonathan Pryce) no Craiglockart War Hospital de Edimburgo durante a guerra mundial. A película céntrase especialmente no arco de personaxes do tenente Sassoon, quen, tras a súa carta aberta demandando unha paz negociada en The Times, foi declarado tolo e permanece confinado no hospital ata que se ofrece voluntario para volver ao servizo activo na fronte occidental.

A obra teatral Death Comes for the War Poets de 2017, de Joseph Pearce, tece "un tapiz de versos" sobre as viaxes militares e espirituais de Siegfried Sassoon e Wilfred Owen[22].

A película biográfica de 2021 Benediction, dirixida por Terence Davies, estreada en 2022 nas salas galegas, relata varias etapas da vida de Sigfried Sassoon, interpretado polo actor Jack Lowden[23]. Na mesma película, Wilfred Owen é interpretado por Matthew Tennyson.

ObraEditar

PoesíaEditar

  • The Daffodil Murderer (John Richmond: 1913)
  • The Old Huntsman (Heinemann: 1917)
  • Glory of Women (escrito en 1917)
  • The General (Denmark Hill Hospital, abril de 1917)
  • Does it Matter? (escrito en 1917)
  • Counter-Attack (Heinemann: 1918)
  • Dreamers (escrito en 1918)
  • Suicide in the Trenches (Heinemann: 1918)
  • The Hero [Henry Holt, 1918]
  • Picture-Show (Heinemann: 1919)
  • War Poems (Heinemann: 1919)
  • Aftermath (Heinemann: 1920)
  • Recreations (impresión privada: 1923)
  • Lingual Exercises for Advanced Vocabularians (impresión privada: 1925)
  • Selected Poems (Heinemann: 1925)
  • Satirical Poems (Heinemann: 1926)
  • The Heart's Journey (Heinemann: 1928)
  • Poems by Pinchbeck Lyre (Duckworth: 1931)
  • The Road to Ruin (Faber and Faber: 1933)
  • Vigils (Heinemann: 1935)
  • Rhymed Ruminations (Faber and Faber: 1940)
  • Poems Newly Selected (Faber and Faber: 1940)
  • Collected Poems (Faber and Faber: 1947)
  • Common Chords (impresión privada: 1950/1951)
  • Emblems of Experience (impresión privada: 1951)
  • The Tasking (impresión privada: 1954)
  • Sequences (Faber and Faber: 1956)
  • Lenten Illuminations (Downside Abbey: 1959)
  • The Path to Peace (Stanbrook Abbey Press: 1960)
  • Collected Poems 1908-1956 (Faber and Faber: 1961)
  • The War Poems ed. Rupert Hart-Davis (Faber and Faber: 1983)

ProsaEditar

  • Memoirs of a Fox-Hunting Man (Faber & Gwyer: 1928)
  • Memoirs of an Infantry Officer (Faber and Faber: 1930)
  • Sherston's Progress (Faber and Faber: 1936)
  • Complete Memoirs of George Sherston (Faber and Faber: 1937)
  • The Old Century (Faber and Faber: 1938)
  • On Poetry (University of Bristol Press: 1939)
  • The Weald of Youth (Faber and Faber: 1942)
  • Siegfried's Journey (Faber and Faber: 1945)
  • Meredith (Constable: 1948) - Biografía de George Meredith

NotasEditar

  1. "Siegfried Sassoon, autor de uma trilogia na qual – valendo-se do alter ego George Sherston – relata a dureza da vida nas trincheiras e suas sequelas emocionais" (en portugués). Consultado o 2022-03-06. 
  2. Foundation, Poetry. "Siegfried Sassoon". Poetry Foundation (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  3. "Alfred Ezra Sassoon (1861-1895) - Find a Grave...". www.findagrave.com (en inglés). Consultado o 3-6-2022. 
  4. 4,0 4,1 "Sassoon Journals". cudl.lib.cam.ac.uk. Consultado o 2022-03-06. 
  5. "[Sassoon (Siegfried)] "Saul Kain". The Daffodil Murderer, first edition, 1913.". LOT-ART (en inglés). Consultado o 2022-03-06. 
  6. "Casualty details—Sassoon, Hamo". Commonwealth War Graves Commission. Consultado o 9 de xullo de 2009. 
  7. s.n. (25 de xullo de 1916). "Suplemento". London Gazette (29684 ed.): 7441. 
  8. Peter Smollett. "War resisters also deserve a memorial". Toronto Star. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  9. Hart-Davis, Rupert (2004; edición online, maio de 2009). revised, ed. "Sassoon, Siegfried Loraine (1886–1967)" (subscription required). Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/35953. 
  10. s.n. (7 de marzo de 1919). "C.S.". London Gazette (31221 ed.): 3269. 
  11. Gianoulis, Tina (2005). "Sassoon, Siegfried". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2007. .
  12. "Siegfried Sassoon: The Journey from the Trenches" J M Wilson
  13. s.n (29 de dicembro de 1950). "Suplemento". London Gazette (39104 ed.): 10-12. 
  14. "Poets". 
  15. "Preface". 
  16. Irene McCready, "An Interview with Stephanie Redmile-Carter", Siegfried's Journal, nº 22 (Verán 2012), pp6-10
  17. "Sasoon Fellowship". sassoonfellowship.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  18. "War poet's medal turns up in attic". The Guardian. 2007. Consultado o 10 de maio de 2007. 
  19. "University of Cambridge news". Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2009. 
  20. Brown, Mark (4 de novembro de 2009). "Siegfried Sassoon archive likely to stay in UK after £550,000 award•Siegfried Sassoon papers attracted interest from US•Cambridge library still short of asking price". The Guardian. Consultado o 4 de novembro de 2009. 
  21. "SECRET MUSIC by Ed Puddick. Royal Albert Hall 11.11.2014". Consultado o 2022-03-06. 
  22. "Death Comes for the War Poets" An Interview with Joseph Pearce
  23. "Benediction; IMDb" (en inglés). Consultado o 2022-07-07. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar