Sidney M. Gutierrez

Astronauta estadounidense

Sidney McNeill Gutierrez, nado en Albuquerque (Novo México), o 27 de xuño de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-40 e STS-59.[1][2]

Sidney M. Gutierrez
Sidney Gutierrez.jpg
Datos persoais
Nacemento27 de xuño de 1951
LugarAlbuquerque, Novo México
Actividade
MisiónsSTS-40 e STS-59
Tempo no espazo20,34 días
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Gutierrez graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1973 e é máster en xestión polo Colexio Webster en 1977.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, chegando a ser oficialmente astronauta en xuño de 1985 tras un ano de adestramento. Participou nas misións STS-40 e STS-59, pasando 20,34 días no espazo. Deixou a NASA en setembro de 1994.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gutierrez, Sidney McNeill 'Sid'" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA (ed.). "NASA’s Hispanic Astronauts" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar