Abrir o menú principal

Si o vello Sinbad volvese ás illas...

Si o vello Sinbad volvese ás illas... é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1961. O personaxe principal está tomado do relato Simbad, o mariñeiro do libro As mil e unha noites.

Si o vello Sinbad volvese ás illas...
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
Editorialeditorial Galaxia
Data de pub.1961
Este artigo trata sobre a novela de Cunqueiro, para o artigo sobre o filme véxase Sinbad.
Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela
Inicio do relato.

TramaEditar

Retrato do dito Sinbad mariñeiroEditar

Sinbad fala co criado/rapaz Sari e cóntalle das illas Cotovías.[1] Sari non o cre, lévalle a contra, dille que non existen. Sinbad fala de como son e das súas aventuras nelas.

O país de BolandaEditar

Fermosa descrición do río Iadid, e da vila, o mar e a casa de Sinbad.

"Si, eu, Al-Faris ibn Iaqim al-Galizí, que pon en latino galego estas memorias, viaxes e descansos de Sinbad Mariñeiro, fose vilego acolá, nas tardiñas de verán baixaría deica as ribeiras do Iadid, i estaríame hastra que caíse o pano da noite sobor da terra, vendo correr a escumante frescura, os pés na corrente, e botando á i-auga que alí tan cantador pasa, unha herbiña, ou unh frol, ou unha nao de papel de Alexandría, e o mirar folgado dos ollos meus tamén.[2]"

Relata como descobre a un piloto contador e o dá por farsante, que nunca estivera en Karifete. Descríbese a fonda no Golfo e o seu dono Mansur, alí reúnense os pilotos. Sábese da conversa.

"A tertulia de Mansur é ás tardiñas, e tenden os criados toldo riscado e traen coxíns e almofadas, e van servindo o cha con menta. Os tertulios son os ditos pilotos que non andan na ocasión no mar, e mais o noso Sinbad, e os forasteiros que se acheguen, que cáseque sempre son xente mariñeira.[3]"

Sinbad conta a historia de cando levou a Cainán ao malik de Sostar, unha fermosa historia de ventos e outros feitos. Despois Sinbad no peirao recoñece polo cheiro ao perdedor do Reino Doncel e cóntase na conversa a historia do tal reino: un tío chepudo que vive afastado decapitando rebeldes; fai desaparecer o reino, menos o sobriño que escapa por unha fírgoa do manto.

Sinbad nunca fora casado, é pouco amigo de andar con mulleres. Cóntase das súas pertenzas e do caso do señor e os garfos de tres gallas. A princesiña de Badrubalbur levaba no séquito un piloto chamado Marco Polo.

Vísperas de viaxeEditar

Pensa Sinbad ofrecerse a un señor do Farfistán. Pon tarxeta de aviso no Peirao e anótanse:

  • Sinbad, terá nao prá especiería tralo Monzón
  • Sari, criado de mareas e refrescos de Sinbal
  • Abdalá o cego, vixía e dedo pulgar de Sinbad

Non hai novas sobre o barco que se debía estar a facer en Basora para Sinbad. Cóntase a historia das caravanas de Sidi Raxel al-Gazulí, o armador das naos. Hai cinco mariñeiros xa anotados. Sinbad soña coa viúva Alba. Mansur examina ao aspirante a cociñeiro do barco Muley Casimiro.

"O que escribe, o voso criado Al Faris Ibn Iaqim al-Galizí, seguía pola vila as idas e voltas de Sinbad nas vísperas da súa viaxe.[4]"

Aluga unha burra a diario para poder ir ver a alta mar e dela se alimenta. Xa se fan burlas na vila polo retraso do embarque. Vén o tempo do Monzón coas súas chuvias, Sari e Sinbad teñen que quedar na casa. Os farois imitan os golfiños. Lémbrase a historia do golfiño con orellas para subir ao colo do mariñeiro.

"Porque para Sinbad na terra era coma no mar: nada estaba quedo, todo iba e viña, e os grandes reises os ventos ventoleiros.[5]"

Segue sen novas e dálle nome á nao, A Venadita, por aquela serea amiga súa nas Molucas. Está na súa casa Ruz o Mouro que conta de naves que se perderon por Ormuz. Sinbad conta a viaxe a Puisang, unha ribeira da China, a través dunha balea. E entre historias do mariñeiro empeza a mellorar o tempo.

Navegaciós e naufraxios de SinbadEditar

Seguen sen novas da travesía e continúan as burlas da xente. Sinbad, Sari e o vixía Abdalá collen a burra a van camiño de Basora para facerse coas naos e volver a Bolanda. Nunha pousada atopan uns mercaderes que levan de criado a Sari para que visite o armador soñado, Sidi Raxel al-Gazulí. Xa en Basora o garda non os deixa entrar e teñen que pagarlle para poder entrar nos estaleiros. É un turco que lles leva os cartos. Non conseguen dar coas naos. Sinbad queda sen sentido e perde a vista.

De novo en Bolanda Sinbad está cego e ten pouco humor. Agora ten o respecto da xente, é unha institución. No peirao ninguén ousou quitar o aviso do embarque posto por Sinbad.

Remata repetindo 23 veces: Que teña paz!

ApéndicesEditar

  • Plática de mares arábigos que fixo Sinbad en Chipre aos pilotos gregos, asegún foi recollida por Teotikes Papadopoulos de Esmirna.[6]
  • A dama que enganada por un demo elegante quixo mercarlle ó vento a perdiz que falaba.

NarraciónEditar

É unha novela narrada en terceira persoa por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí, heterónimo do autor (Álvaro fillo de Xaquín o Galego).

PersonaxesEditar

  • Sinbad. Trasunto de Simbad o mariñeiro.
  • Mansur. Rexenta unha pousada na vila, onde se fai tertulia.
  • Sari. Rapaz da vila, amigo de Sinbad.
  • Alba. Viúva veciña de Sinbad.
  • Abdalá. Cego da vila.

Espazo e tempoEditar

É unha obra atemporal, con elementos de diversos períodos históricos. A acción desenvólvese nunha vila costeira.

EdiciónsEditar

A 10ª edición é de 2005[7], 1ª na Biblioteca Álvaro Cunqueiro de Galaxia. En 2011 volveu reeditarse.[8]

O libro conta con ilustracións de Xohán Ledo. Está adicado a Emilio Álvarez Blázquez e conta cunha cita inicial de P. B. Shelley.

A versión en castelán, Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas, foi publicada en 1962[9]. O libro foi traducido a outras linguas coma o italiano,[10] holandés[11] ou árabe[12].

Quico Cadaval adaptou a obra ó teatro en 1999[13], e en 2011 Antón Dobao dirixiu a adaptación cinematográfica co título de Sinbad.

NotasEditar

  1. Cunqueiro, Álvaro (1980). Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2 ed.). Galaxia. ISBN 84-7154-267-6. 
  2. Cunqueiro 1980, p. 23.
  3. Cunqueiro 1980, p. 30.
  4. Cunqueiro 1980, p. 99.
  5. Cunqueiro 1980, p. 105.
  6.   Parágrafo lido por Camilo Nogueira.
  7. "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2010-10-03. Consultado o 2019-07-31. 
  8. "Si o vello Sinbad volvese ás illas". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-31. 
  9. Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas
  10. Se il vecchio Sinbad tornasse alle isole...
  11. Als de oude Sinbad zou terugkeren naar de eilanden
  12. Instituto Cervantes (en castelán).
  13. "Xan Cejudo: Xan Cejudo Álvaro - Si o vello Sinbad volvese ás illas. CDT, Teatro Español". teatro.es (en castelán). Consultado o 2019-07-31. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar