Shumi no iden

novela curta de Natsume Sōseki

 

Shumi no iden
Autor/aNatsume Sōseki
OrixeXapón
Lingualingua xaponesa
Data de pub.1906
Precedido porKusamakura (1906)
Seguido porNihyakujū nichi (1906)
editar datos en Wikidata ]

Shumi no iden (xaponés: 趣味の遺傳, lit. "A herdanza do gusto") é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi escrita nun período de oito días en decembro do 1905, e publicada en xaneiro do 1906 na revista Teikoku bungaku 帝国文学 ("Literatura imperial"). A historia transcorre durante a guerra ruso-xaponesa, e expresa as opinións do autor sobre a guerra.

Sinopse editar

A obra conta a chegada do narrador a unha estación de tren xunto cos soldados nipóns. O protagonista ve a un soldado moi parecido ao seu amigo Kō-san, asasinado durante o conflito. Máis tarde, no cemiterio, descobre que unha rapaza estivo a visitar o sepulcro do seu amigo. Movido pola curiosidade, viaxa á casa da nai de Kō-san, onde le o seu diario e coñece a historia da moza.

Traducións editar

  • Natsume, S. (2010). Shumi no iden: La herencia del gusto. Tradución directa ao castelán de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme.[1]

Notas editar

  1. "Shumi no iden". www.sigueme.es. Consultado o 2024-04-14.