Shpend Ahmeti
Shpend Ali Ahmeti, nado en Pristina o 18 de abril de 1978 é un político kosovar que foi alcalde de Pristina dende o 26 de decembro de 2013 ata o 7 de decembro de 2021.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1978 (46 anos) Pristina |
Mayor of Pristina (en) | |
26 de decembro de 2013 – 7 de decembro de 2021 ← Isa Mustafa (pt) – Përparim Rama (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | American University in Bulgaria (en) (1996–2000) Escola de Goberno John F. Kennedy |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Social Democratic Party of Kosovo (en) (2018–2019) Vetëvendosje (2011–2018) New Spirit Party (en) (2010–2011) |
Traxectoria
editarFillo do actor Ali Ahmeti[1], estudou económicas e administración de empresas na Universidade Americana en Bulgaria entre 1996 e 2000 e neses anos foi senador e presidente do goberno dos estudantes desa universidade. Logo de rematar os seus estudos traballou no Banco Europeo para a Reconstrución e Desenvolvemento[2] de 2001 a 2002. No ano 2002 marchou aos Estados Unidos para realizar un mestrado en políticas públicas na Universidade Havard. En 2004 volveu a Albania e posteriormente foi director executivo do Instituti GAP de 2007 a 2010. Entre 2005 e 2013 foi profesor de política pública na Universidade Americana en Kosovo.
En 2010 fundou con Ilir Deda, o director do Instituto Kosovar para a Investigación de Desenvemento de Políticas (KIPRED), os dous graduados de Harvard o Partido Novo Espírito e liderouno ata se integrar este en Vetëvendosje, onde pasou a ser o novo vicepresidente da formación.
En 2013 nas eleccións para o alcalde de Pristina, perdeu na primeira volta, recibindo o 31,89% dos votos, mentres que o seu rival da Liga Democrática de Kosovo recibiu o apoio do 42,75% dos votantes. Porén, na segunda volta a situación cambiou, e o elixido foi Shpend Ali Ahmeti [3] co 51% dos votos e que rematou cun período de trece anos de goberno da Liga Democrática de Kosovo na capital kosovar. O 26 de decembro de 2013 xurou como novo alcalde de Pristina, ao tempo que renunciaba á vicepresidencia do seu partido.
Reelixido de novo nas eleccións de 2017, aos poucos meses deixou o seu partido e integrouse no Partido Socialdemócrata de Kosovo, e mesmo foi o seu líder[4] de 2018 a 2019. Despois dos malos resultados das eleccións xerais de 2019 deixou o partido. Non se presentou ás eleccións municipais de 2021 e o 7 de decembro de 2021 deixou a alcaldía da capital kosovar ao tomar posesión o novo alcalde, Përparim Rama da Liga Democrática de Kosovo[5].
Notas
editar- ↑ Emin, Nedim (2014). Kosova Siyasetini Anlama Kılavuzu. SETA. p. 94.
- ↑ Lawrence Marzouk (10 de decembro de 2010). "Shpend Ahmeti, Leader of Fryma e Re". Balkan Insight.
- ↑ "Harvard graduate wins mayor election in Pristina". Global Times. 3 de decembro de 2013.
- ↑ "Shpend Ahmeti kryetar i PSD-së". Kallxo. 9 de maio de 2018.
- ↑ "On Tuesday, Përparim Rama takes office as Mayor of Prishtina". Kosova Press. 5 de decembro de 2021.