Fútbol indoor

(Redirección desde «Showbol»)

O fútbol indoor é unha variedade de fútbol caracterizada por xogarse nun terreo de menores dimensións e polo uso de paredes como un elemento máis do xogo, como nas pistas de hóckey sobre xeo.

Partido ó aire libre
Partido en Singapur

É bastante común nos Estados Unidos e o Canadá, onde hai ligas profesionais e afeccionadas dedicadas ó fútbol indoor. Tamén ten certa importancia en México, o Brasil (onde é coñecido como showbol) e no Reino Unido.

Desde 2007 existe en España a liga nacional de fútbol indoor, na que participan os 9 equipos que gañaron algunha liga de fútbol. Nas tres edicións disputadas os campións foron o Deportivo da Coruña, en 2 ocasións, e o FC Barcelona.

Regras editar

  • Terreo de xogo: adoita ser de céspede artificial e ten unhas dimensións variables, aínda que a miúdo similares ás doutros deportes como o fútbol sala (ao redor de 40 x 20 m). Os límites do terreo de xogo están formados por muros de altura superior a 1 metro. Aínda que adoita disputarse en pista cuberta, tamén se pode practicar ao aire libre.
  • Equipos: cada equipo está formado por 5 xogadores, 4 de campo e un porteiro, podendo realizarse tantas substitucións como se desexe.
  • Uso das paredes: os muros que delimitan o terreo de xogo poden utilizarse coma se tratásense dun elemento máis do mesmo ou dun compañeiro, o que permite realizar xogadas e tácticas radicalmente distintas ás utilizadas en fútbol e fútbol sala. Só se a pelota excede a vertical das paredes ou choca co teito do pavillón, producirase un saque de banda, que haberá de realizarse cunha soa man e por baixo da cintura.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar