Shirin Neshat

Shirin Neshat (en persa: شیرین نشاط), nada en Qazvin en 1957,[1][2] é unha artista visual iraniana residente en Nova York, coñecida principalmente polo seu traballo en cinema, vídeo e fotografía.[3] A súa obra céntrase nos contrastes entre o islam e occidente, a feminidade e a masculinidade, a vida pública e a privada, a antigüidade e a modernidade, e en facer pontes entre eses temas.[4][5]

Shirin Neshat
Viennale talk (2), Shirin Neshat.jpg
Nacemento26 de marzo de 1957
 Qazvin
NacionalidadeEstados Unidos de América e Irán
EtniaPovos iranianos
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade de California en Berkeley
Ocupaciónfotógrafa, directora de cine, guionista, videoartista e cineasta
PremiosLeão de Prata, Praemium Imperiale e Goethe Medal
editar datos en Wikidata ]

Neshat foi recoñecida en numerosas ocasións pola súa obra, como co Premio Internacional da XLVIII Bienal de Venecia en 1999,[6] o León de Prata á mellor dirección no 66.º Festival de Cinema de Venecia en 2009,[7] o nomeamento de Artista da Década polo crítico de The Huffington Post G. Roger Denson.[8]

ObrasEditar

  • Turbulent, 1998. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
  • Rapture, 1999. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
  • Soliloquy, 1999. Instalación con vídeo en cor e son coa artista como protagonista.
  • Fervor, 2000. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
  • Passage, 2001. Instalación cunha única canle de vídeo e son.
  • Logic of the Birds, 2002. Multimedia.
  • Tooba, 2002. Instalación con dúas canles de vídeo e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
  • Mahdokht, 2004. Instalación con tres canles de vídeo e son.
  • Zarin, 2005. Instalación cun único canle de vídeo e son.
  • Munis, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
  • Faezeh, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
  • Possession, 2009. Instalación con vídeo en branco e negro e son.
  • Women Without Men, 2009. Filme baseado na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
  • Illusions & Mirrors, 2013. Filme encargado por Dior con Natalie Portman.
  • Looking for Oum Kulthum, 2017, filme.

NotasEditar

  1. "Shirin Neshat". THE SOLOMON R. GUGGENHEIM FOUNDATION. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  2. "Shirin Neshat". International Center of Photography. 2 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  3. La Rocco, Claudia (14 de novembro de 2011). "Shirin Neshat's Performa Contribution". The New York Times. Consultado o 8 de febreiro de 2012. 
  4. Holzwarth, Hans W. (2009). 100 Contemporary Artists A-Z (Taschen's 25th anniversary special ed.). Köln: Taschen. pp. 416–421. ISBN 978-3-8365-1490-3. 
  5. Müller, Katrin Bettina. "Away overseas". Shirin Neshat artist portrait. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  6. Susan Horsburgh (26 de marzo de 2001). "The Great Divide". Time. 
  7. Homa Khaleeli (13 de xuño de 2010). "Shirin Neshat: A long way from home". The Guardian. 
  8. Denson, G. Roger, "Shirin Neshat: Artist of the Decade", The Huffington Post, 20 de decembro de 2010.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Mohammed Afkhami, Sussan Babaie, Venetia Porter, Natasha Morris. "Honar: The Afkhami Collection of Modern and Contemporary Iranian Art." Phaidon Press, 2017.