Shine
Shine | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Mother Love Bone | |||||
Data de edición: | 20 de marzo de 1989 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | novembro de 1988 | ||||
Estudio(s) de gravación: | London Bridge Studios, Seattle, Washington | ||||
Duración: | 19:05 | ||||
Xénero musical: | rock alternativo, grunge, hard rock | ||||
Selo discográfico: | Stardog/Mercury Records | ||||
Producido por: | Mark Dearnley | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Shine é o primeiro EP da banda estadounidense de rock alternativo Mother Love Bone, publicado o 20 de marzo de 1989 a través de Stardog/Mercury Records.[1] Este foi o único recompilatorio de gravacións que se publicou durante a vida do cantante Andrew Wood.
O EP gravouse en novembro de 1988 nos London Bridge Studios de Seattle, Washington, co produtor Mark Dearnley. Dearnley tamén foi o encargado de mesturar o traballo, e Charles Peterson fixo a fotografía da portada. Coa excepción de "Chloe Dancer/Crown of Thorns". de máis de oito minutos de duración, a maioría das cancións do EP percorren ao lado máis cru da banda. As letras oníricas do vocalista Andrew Wood cántanse nun tono de tenor que lembra moito ao líder de Led Zeppelin, Robert Plant. Mother Love Bone converteuse na primeira das novas bandas de Seattle en ter un lanzamento a través dun selo importante.
O disco vendeuse ben e aumentou rapidamente o bombo ao redor da banda. John Book de Allmusic dixo que "o disco contribuíu á expectación da escena musical de Seattle".[2] Todo este lanzamento foi posteriormente reeditado no álbum recopilatorio Mother Love Bone (tamén coñecido como Stardog Champion) en 1992, coa excepción da canción oculta "Zanzibar" que só se pode atopar neste EP.
Listaxe de cancións
editarTodas as letras escritas por Andrew Wood, toda a música composta por Jeff Ament, Bruce Fairweather, Greg Gilmore, Stone Gossard, e Wood.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Thru Fade Away" | 3:40 |
2. | "Mindshaker Meltdown" | 3:47 |
3. | "Half Ass Monkey Boy" | 3:18 |
4. | "Chloe Dancer/Crown of Thorns" | 8:32 |
Notas
editar- ↑ "MOTHER LOVE BONE - SHINE EP (1989) - The Year Grunge Broke" (en inglés). 2024-03-20. Consultado o 2024-08-06.
- ↑ "Shine - Mother Love Bone". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-06.