Shin Chan: Operación rescate

filme de 1998 dirixido por Keiichi Hara

Shin Chan: Operación rescate (クレヨンしんちゃん 電撃!ブタのヒヅメ大作戦 Crayon Shin-chan: Dengeki! Buta no Hizume Daisakusen?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 18 de abril do 1998.

Shin Chan: Operación Rescate
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 電撃!ブタのヒヅメ大作戦
DirectorKeiichi Hara
ProdutorHitoshi Mogo
GuiónKeiichi Hara
MúsicaToshiyuki Arakawa
Shinji Miyazaki
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1998
Duración95 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: A invasión
Filme seguinteShin Chan: Na illa do tesouro
Na rede
IMDB: tt2643808 Filmaffinity: 645327 Editar o valor em Wikidata

En galego, estreouse nos cinemas o 25 de xuño do 2004 e saíu á venda en DVD o 3 de novembro do mesmo ano. O 20 de xuño de 2004, Keichi Hara e Hitoshi Mogo, o director e o produtor da longametraxe, estiveron presentes en Santiago de Compostela na preestrea do filme en Galiza[1].

Sinopse editar

A historia comeza cando unha axente secreta se agocha no barco onde estaban ceando os alumnos da escola Futaba na Baía de Toquio. Os Pezuño de Porco perséguena e levan o barco canda eles, xunto con Shin Chan e os seus amigos a bordo.

A partir de aí Shin Chan, Masao, Nene, Kazama e Boo-chan van con esta axente a todas partes como reféns dos Pezuño de Porco. Ao mesmo tempo, un axente da SML vai ás casas dos nenos recollendo fotos deles para recoñecelos e rescatalos. Pero cando chega á casa dos Nohara, Misae con Himawari e Hiroshi van tras del ata Hong Kong para rescatar ao seu fillo. Ao final o axente acepta a súa compaña e axuda.

Ao final da aventura, todos están na base secreta dos Pezuño de Porco en Siberia. Alí son testemuñas do método que queren usar para dominar o mundo, un virus informático, o Porquiño Pirata. Mentres todos manteñen unha loita cos axentes dos Pezuño de Porco, Shin Chan entretén ao virus mentres o Profesor crea un antídoto para combatelo.

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2004.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Nene Montse Davila Tamao Hayashi
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Himawari Helena Amoedo Satomi Koorogi
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Porquiño Pirata Óscar Fernández Kaneto Shiozawa
Paticurto César Cambeiro Koichi Yamadera
Mama Ana Maciñeiras Minori Matsushima
Blade Norberto Vilanova Sho Hayami
Sexy Girl Isabel Vallejo Kotono Mitsuishi
Musculman Gonzalo Faílde Tesho Genda
Ánxela Antón Olmos Hiroshi Masuoka
Yoshito Usui Manuel Pombal Yoshito Usui
Profesor Paco Barreiro Junpei Takiguchi
Xefe dos Pezuño de Porco Antón Cancelas Isshin Chiba
  • Voces adicionais:
Antón Rubal.
▪ Carolina Vázquez.
▪ Manuel Pombal.
Monti Castiñeiras.
▪ Nora Abad.

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é PURENESS (Pureza) interpretada por SHAZNA. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar