Shin Chan: Na procura das bólas perdidas

filme de 1997 dirixido por Keiichi Hara

Shin Chan: Na procura das bólas perdidas (クレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡 Crayon Shin-chan Ankoku Tamatama Daitsuiseki?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 1997.

Shin Chan: Na procura das bólas perdidas
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡
DirectorKeiichi Hara
GuiónKeiichi Hara
MúsicaToshiyuki Arakawa
Shinji Miyazaki
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1997
Duración95 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme seguinteShin Chan: A invasión
Na rede
IMDB: tt0406672 Filmaffinity: 423573 Editar o valor em Wikidata

En galego, estreouse nos cinemas o 27 de xuño do 2003 e saíu á venda en DVD o 5 de novembro do mesmo ano.

Sinopse editar

As bólas perdidas son uns obxectos cun gran poder que, reunidos, poden desatar o caos no mundo. Dúas bandas rivais - os Perendengues e os Mariolas - buscan facerse co control das bólas. Os primeiros queren invocar ao Maligno e os segundos pretenden evitar que o mal se estenda por tódolos sitios.

Unha casualidade fai que unha das bólas chegue ás mans de Shin Chan, o que provoca que a súa familia se teña que aliar cunha aprendiz de policía sen sentido da puntaría e coa banda dos Mariolas, formada por tres estrambóticos travestís. A banda dos Perendengues está formada por unhas ximnastas sen escrúoulos armadas con cintas letais de ximnasia rítmica que están comandadas por unha anciá e por un tipo moi misterioso. A fuxida levaráos a un peculiar bar de copas, a uns baños públicos e ao parque de atraccións abandonado dos Mariolas.

Alí, un grupo de samurais decrépitos defenderá o honor dos Mariolas e tentará evitar que o tipo misterioso reúna as dúas bólas, invoque ao maligno e controle o destino do planeta. Pero cando parece que o mundo está condenado, xorde alguén impredicible quen de estragar calquera proxecto... O mesmiño Shin Chan!

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2003.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Rosa Antón Olmos Daisuke Gori
Lima Antón Ja Shinya Ootaki
Lavanda César Cambeiro Kaneto Shiozawa
Raíña dos Perendengues Ana Maciñeiras Keiko Yamamoto
Satake Carlos Reboreda Fumihiko Tashiki
Hecson Luís Iglesia Jun Azumi
Maho Beatriz García Saeko Shimazu
Ione Isabel Vallejo Yuriko Yamamoto
Himawari Helena Amoedo Satomi Korogi
Nai de Rosa Lucía Cid Ako Mayama
Debuxante Manuel Pombal Yoshito Usui
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Nene Montse Davila Tamao Hayashi
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas.
▪ Xoán Diéguez.
▪ Antonio Mourelos.
▪ Paco Barreiro.

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é エンディング (A canción de Himawari) interpretada por Kazuo Kaitsu. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar