Shin Chan: E a costelada imposible

filme de 2003 dirixido por Tsutomu Mizushima

Shin Chan: E a costelada imposible (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード Crayon Shin-chan: Arashi o Yobu Eikō no Yakiniku Road?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 2003.

Shin Chan: E a costelada imposible
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード
DirectorTsutomu Mizushima
GuiónKeiichi Hara
Tsutomu Mizushima
MúsicaShiro Hamaguchi
Toshiyuki Arakawa
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea2003
Duración90 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: A ambición do Kakafede
Filme seguinteShin Chan: Chamábanlle Shin Chan
Na rede
IMDB: tt1149379 Filmaffinity: 797732 Editar o valor em Wikidata

En galego, saíu á venda en DVD o 23 de abril do 2008, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse editar

A familia Nohara prepara unha cea exquisita, xa que mercaron costeladas de primeira calidade. Pero a felicidade dúralles ben pouco porque a aparición dun ser estraño na súa casa antes do banquete ha ser o detonante para o seu peor pesadelo. Os Nohara son uns criminais! É a nova que fixo correr unha organización secreta chamada "A voz de Ouro". Os Nohara son acusados pola rúa, os seus amigos delátanos... E deciden fuxir para dar coa clave do misterio.

A Organización secreta posúe un amplo arsenal de unidades especiais, que perseguen aos Nohara por terra, aire e mar ata que a súa fuxida os conduce a unhas termas romanas na cidade de Atami, logo de persecucións frenéticas, humor descarado e as tolas ideas de Shin Chan!

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2008.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Himawari Nohara Helena Amoedo Satomi Koorogi
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Señorita Ageo Alicia Taboada Kotono Mitsuishi
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Michi Isabel Vallejo Fumie Kusachi
Yoshirin Andrés Bellas Daisuke Sakaguchi
Nanako Chelo Díaz Sayuri
Ultraheroe Óscar Fernández Tesho Genda
Mimiko Teresa Santamaría Etsuko Kozakura
Veciña Kitamoto Lucía Cid Reiko Suzuki
Profesor Xoán Carballido Hisao Egawa
Coronel Togashima Xavier Perdiz Natsuo Tokuhiro
Amagi Chelo Díaz Junko Minagawa
Shitada César Cambeiro Masashi Ebara
Xefe de "A voz de Ouro" Xosé Manuel Rodríguez Unsho Ishizuka
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas.
▪ Manolo Pombal.
▪ Monti Castiñeiras.
▪ Paco Barreiro.
▪ Óscar Fernández.

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é こんな時こそ焼肉がある (Só se temos unha churrascada así) interpretada polos actores de dobraxe xaponeses da familia Nohara: Akiko Yajima (Shin Chan), Miki Narahashi (Misae) e Keiji Fujiwara (Hiroshi).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar