Shin Chan: Aventuras en Henderland

filme de 1996 dirixido por Mitsuru Hongo

Shin Chan: Aventuras en Henderland (クレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険 Crayon Shin-chan: Henderland no Daibōken?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 13 de abril do 1996.

Shin Chan: Aventuras en Henderland
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険
DirectorMitsuru Hongo
GuiónKeiichi Hara
Mitsuru Hongo
Masaki Yuasa
MúsicaShiroh Hamaguchi
Toshiyuki Arakawa
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1996
Duración95 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: O pequeno samurai
Filme seguinteShin Chan: O imperio dos carrozas
Na rede
IMDB: tt2643796 Filmaffinity: 741873 Editar o valor em Wikidata

En galego, saíu á venda en DVD o 10 de maio do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse editar

Preto de Toquio ven de inaugurarse o paraíso do lecer: Henderland, un parque de atraccións que está na boca de todo o mundo. A escola de Shin Chan decidiu organizar unha excursi´n ao parque e toda a clase está disposta a gozar coa excursión. Pero non todo é tan fermoso como semella ser, xa que en realidade, Henderland é a base secreta de operacións dunha organización malvada que quere conquistar o planeta. Os seus xefes son Makao e Ioma, dous travestís amantes do ballet, seguidos polos seus rechamantes secuaces.

No parque, Shin Chan coñece a Topema, unha boneca articulada quen de falar e sentir que lle explica como combater contra os malvados. O único xeito é usando as Cartas Lumieiras, que posúen poderes máxicos. Nas mans dun humano, as cartas manifestan o seu verdadeiro poder. As Cartas Lumieiras, que chegaron ás mans de Shinnosuke, son a clave para o control da Terra, de maneira que os criminais secuestran aos pais de Shin Chan para que llas devolvan. Pero Makao e Ioma non saben que deron co cativo máis afouto do Xapón!

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2005.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Yasuo Kayamura "Guepardo" Chelo Díaz Tomoko Ohtsuka
Don Tolicates Antonio Mourelos Shinpachi Tsuji
Topema / Princesa Memoria Patricia de Lorenzo Yuriko Fuchizaki
Besta Chokirin Xermana Carballido Sanae Miyuki
Bóla Neve Andrés Bellas Toshio Furukawa
Akiko Hinagata Montse Davila Akiko Hinagata
Ultraheroe Óscar Fernández Tesho Genda
Porquiño Pirata Manolo Pombal Kaneto Shiozawa
Robot Kantam Luís Iglesia Shinya Otaki
Makao Antón Olmos Hochu Otsuka
Ioma Antón Rubal Hideyuki Tanaka
Príncipe Goman Andrés Bellas Soichiro Hoshi
  • Voces adicionais:
▪ Ana Maciñeiras.
▪ Isabel Vallejo.
▪ Gaspar Somoza.
▪ Paco Barreiro.

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é SIX COLORS BOY (O mozo das seis cores) interpretada por Akiko Hinagata, quen ademais fai unha aparición no filme.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar