Shigella dysenteriae

Shigella dysenteriae

Imaxe de microscopía de campo escuro na que se onservan bacterias Shigella dysenteriae.
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: Shigella
Especie: S. dysenteriae
Nome binomial
Shigella dysenteriae
(Shiga 1897)
Castellani & Chalmers 1919

Shigella dysenteriae é unha especie de bacterias de forma bacilar do xénero Shigella.[1] Especies de Shigella poden causar shigelose (tamén chamada disentería bacilar)[2]. Son bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaerobias facltativas.[3] S. dysenteriae ten a capacidade de invadir e replicarse en varias especies de células epiteliais e enterocitos.[4]

Epidemioloxía editar

As infeccións por Shigella poden contraerse por falta de control da auga potable ou da calidade dos alimentos, cociñar en condicións pouco hixiénicas e, en xeral, prácticas hixiénicas pouco axeitadas.[5]. S. dysenteriae espállase a través de augas e alimentos contaminados, causa unha disentería menor debido á toxina Shiga, pero outras especies poden tamén ser axentes de disenterías.[6] S. dysenteriae libera unha exotoxina que afecta ao tracto gastrointestinal e ao sistema nervioso central.[7] Se actúa como enterotoxina, ocorre a diarrea. Cando actúa como neurotoxina, orixínanse casos graves de shigelose, que inducen comas e meninxismo.[7]

Signos e síntomas editar

Os signos que se observan máis comunmente asociados coa disentería por Shigella son a colite, malnutrición, prolapso rectal, tenesmo, artrite reactiva e problemas no sistema nervioso central. Ademais, S. dysenteriae está asociada co desenvolvemento da síndrome hemolítica-urémica, que inclúe anemia, trombocitopenia e insuficiencia renal. Se un individuo é infectado por S. dysenteriae, experimenta un grave caso de shigelose.[7] A mortalidade é máis alta con S. dysenteriae tipo 1.[4] A maioría dos casos de shigelose danse en países en desenvolvemento. Os gromos de shigelose en Asia, América Latina e África tiveron taxas de mortalidae de ata o 20%.[7]

Diagnóstico editar

Como un espécime fecal típico non é estéril, o uso de placas selectivas é obrigatorio. Inocúlanse XLD ágar, DCA ágar ou ágar entérico Hektoen; todas dan colonias incoloras, xa que o organismo non é un fermentador de lactosa. A inoculación dun tubo inclinado TSI (co medio Triple Sugar Iron. Triplo Azucre Ferro) mostra un tubo alcalino e ácido, pero non gas, ou produción de H
2
S
. Despois da incubación en SIM (con medio Sulphide Indole Motility, Sulfuro Indol Mobilidade), o cultivo aparece non móbil e sen produción de H
2
S
. A adición do reactivo de Kovac ao tubo SIM despois do crecemento indica tipicamente que non hai formación de indol (pero os serotipos 2, 7 e 8 producen indol[8]). A proba do manitol da resultado negativo.[7] A proba da ornitina descarboxilase dá resultados negativos.[7]

Tratamento editar

O tratamento da shigelose, independentemente da subespecie ou tipo implicado, require o uso de antibióticos. Os antibióticos utilizados normalmente son a ampicilina, ciprofloxacina, ceftriaxona, entre outros. Os opioides deberían evitarse no tratamento da shigelose.[4]

Notas editar

  1. Ryan, Kenneth James; Ray, C. George, eds. (2004). Sherris Medical Microbiology: an introduction to infectious diseases (4th ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech. ISBN 978-0-8385-8529-0. 
  2. Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Páxina 702.
  3. Hale, Thomas L.; Keusch, Gerald T. (1996). "Shigella: Structure, Classification, and Antigenic Types". En Baron, Samuel. Medical microbiology (4 ed.). Galveston, Texas: University of Texas Medical Branch. ISBN 978-0-9631172-1-2. Consultado o 11 de febreiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ryan, Kenneth James (2018). "Chapter 33: Enterobacteriaceae". Sherris Medical Microbiology (7th ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech. 
  5. Justin L. Kaplan MD; Robert S. Porter MD (2018). Larry M. Bush,MD, ed. Merck Manual Consumer Version. 
  6. Herold S; Karch H; Schmidt H (2004). "Shiga toxin-encoding bacteriophages—genomes in motion". International Journal of Medical Microbiology 294 (2–3): 115–121. PMID 15493821. doi:10.1016/j.ijmm.2004.06.023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Karen C. Carroll; Jeffery A. Hobden; Steve Miller; Stephen A. Morse; Timothy A. Mietzner; Barbara Detrick; Thomas G. Mitchell; James H. McKerrow; Judy A. Sakanari (2016). "Chapter 15: Enteric Gram-Negative Rods (Enterobacteriaceae)". Jawetz, Melnick, & Adelberg's Medical Microbiology (27 ed.). McGraw-Hill Professional Med/Tech. 
  8. Germani, Y.; Sansonetti, P.J. (2006). "Chapter 3.3.6: The Genus Shigella". En Dworkin, M. (editor-in-chief). The Prokaryotes: Proteobacteria: gamma subclass 6 (3rd ed.). Springer. pp. 99–122. ISBN 0-387-25496-X. doi:10.1007/0-387-30746-x_6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar