O Shenyang J-15 (chinés: 歼-15), designación OTAN: Flanker-X2, tamén coñecido como "Tiburón Voador" (chinés: 飞鲨; pinyin: Fēishā), é un caza multirrol embarcado chinés de 4ª xeración[1] desenvolvido por Shenyang Aircraft Corporation (SAC) e o Instituto 601 para a Forza Aérea Naval do Exército Popular de Liberación para servir nos portaavións da Armada do Exército Popular de Liberación.

Shenyang J-15
Tipocaza multirrol embarcado
FabricanteShenyang Aircraft Corporation
Primeiro voo31 de agosto de 2009
Introducido2013
Estadoen produción
Principais usuariosForza Aérea do Exército Popular de Liberación
Unidades construídas50 (en 2019)

Un prototipo sen rematar do Su-33, o T-10K-3,[2] foi mercado por SAC a Ucraína en 2001 e dise que foi estudado extensamente e a través de enxeñería inversa comezou a desenvolverse o J-15 xusto despois.[3][4][5][6] Aínda que o J-15 semella estar estruturalmente baseado no prototipo do Su-33, o caza conta con tecnoloxías chinesas, así como coa aviónica do programa Shenyang J-11B.[7] En febreiro de 2018, as discusións sobre a substitución do avión apareceron en varios medos chineses, incluída a axencia de noticias Xinhua e os principais medios militares do país, discutindo sobre se pertencía á 4ª ou 4,5 xeración de cazas. Así, o J-15 é visto como un caza embarcado provisional ata que un sucesor de 5ª xeración entre en servizo, un que poida estar baseado no Chengdu J-20 ou no Shenyang FC-31.

Notas editar

  1. "Experts' comparative analysis of performance between J-15 and U.S. F-18 - People's Daily Online". en.people.cn. Consultado o 2022-03-11. 
  2. "Chinese Aircraft - J-11 [Su-27 FLANKER]". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-03-11. 
  3. "Russia downplays Chinese J-15 fighter capabilities". RIA Novosti. 2010-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2010. Consultado o 2022-03-12. 
  4. "Chinese Aircraft - J-11 [Su-27 FLANKER]". web.archive.org. 2010-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-12. 
  5. "Revealing Shenyang J-XX Stealth Fighter of China - What's On Xiamen". web.archive.org. 2016-05-07. Archived from the original on 07 de maio de 2016. Consultado o 2022-03-12. 
  6. "俄方称中国自研先进战机不顺 仍将回头购俄战机_军事_凤凰网". web.archive.org. 2016-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2016. Consultado o 2022-03-12. 
  7. Fulghum, David A. "New Chinese Ship-Based Fighter Progresses". Article. Aviation Week.