Sheila Widnall

enxeñeira aeroespacial estadounidense

Sheila Marie Evans Widnall, nada o 13 de xullo de 1938 en Tacoma, é unha investigadora aeroespacial estadounidense e Profesora Institucional no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi a primeira muller titular da Secretaría da Forza Aérea dos Estados Unidos entre 1993 e 1997 e a primeira muller en liderar unha rama enteira das Forzas Armadas dos Estados Unidos no Departamento de Defensa. Foi incorporada ao Salón Nacional da Fama das Mulleres en 2003.[1]

Infotaula de personaSheila Widnall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Tacoma, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) Traducir
6 de agosto de 1993 – 31 de outubro de 1997
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Director de teseMårten Landahl (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoRaymond Pierrehumbert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeBill Widnall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Widnall graduouse no MIT cun título de ciencias en 1960, despois cun mestrado universitaria en ciencias en 1961, e cun Doutoramento en ciencias en 1964, todos en Aeronáutica. Foi elixida para ocupar a sede de Profesora "Abby Rockefeller Mauzé" de Aeronáutica e Astronáutica en 1986 e uniuse á División de Sistemas de Enxeñaría en 1986.[2][3] Foi Directora de Facultade entre 1979-1981 e foi Preboste Asociado do MIT entre 1992-1993. En 1988 foi a Presidenta da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia,[4] na que foi chave para a inclusión das mulleres na ciencia.

O 4 de xullo de 1993, ao estalar o Escándalo Tailhook, o entón Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton anunciou o seu nomeamento como Secretaria da Forza Aérea.[2] Durante o seu cargo tamén manexou o escándalo de Kelly Flinn.[5] Foi elixida á Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos en 1985, na que tamén serviu como vicepresidenta de 1998 a 2005. O 4 de outubro de 2009 Widnall recibiu o Premio Arthur M. Bueche Premio de parte desta mesma Academia.

Widnall foi un dos membros do do comité de investigación no accidente do transbordador espacial Columbia.

Investigación editar

A investigación de Widnall enfocouse na mecánica de fluídos.[3] Entre os seus artigos máis citados atópanse temas acerca de turbulencia, modelos de inestabilidades, métodos numéricos para casos particulares de problemas de fluxo e modelos teórico-experimental de vórtices toroidais..

Widnall tamén avogou pola inclusión de mulleres nas áreas de ciencia, tecnoloxía e enxeñarías.

Premios editar

Entre os recoñecementos que recibiu Widnall atópanse:

  • 1972: Premio Lawrence Sperry ao Mérito, por parte do Instituto Estadounidense de Aeronáutica e Astronáutica
  • 1975: Premio ao Desempeño Extraordinario, por parte da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras
  • 1987: Premio Washburn, polo Museo de Ciencias de Boston
  • 1993: Premio ao Servizo Distinguido, por parte da Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos
  • 1996: Cidadá de Nova Inglaterra do Ano, polo Concello de Nova Inglaterra
  • 2001: Medalla Espírito de San Luís, pola Sociedade Estadounidense de Enxeñeiros Mecánicos

Notas editar

  1. "Widnall, Sheila E.". National Women’s Hall of Fame (en inglés). Consultado o 2020-06-21. 
  2. 2,0 2,1 Jehl, Douglas (1993-07-04). "M.I.T. Professor Is First Woman Chosen as Secretary of Air Force". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-21. 
  3. 3,0 3,1 Vallespí, Teresa Claramunt, (2013). Mujeres en Ciencia y Tecnología. España: UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia. ISBN 978-84-362-6421-0. OCLC 960677051. 
  4. "Science X Network :: Phys.org, Medical Xpress, Tech Xplore". sciencex.com. Consultado o 2020-06-21. 
  5. Stout, David (1997-05-24). "'Part of Me Has Died,' Pilot Says in Apology". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-21. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar