Sheikh Mujibur Rahman
Sheikh Mujibur Rahman, nado o 17 de marzo de 1920 e finado o 15 de agosto de 1975, foi un político bengalí e o líder fundador de Bangladesh, considerado o Pai da Patria.
Traxectoria
editarEncabezou a Liga Awami, exerceu como o primeiro Presidente de Bangladesh e, máis tarde, converteuse en Primeiro Ministro. É popularmente coñecido como Sheikh Mujib e co título honorífico de Bangabandhu ("Amigo de Bengala"). A súa filla máis vella, Sheikh Hasina Wased é a actual líder da liga Awami e actual Primeira Ministra de Bangladesh.
Mujib xurdiu como líder político estudantil no Paquistán Oriental. Era coñecido nas fileiras da Liga Awami como un orador carismático. Defensor do socialismo, Mujib tornouse popular pola súa oposición á discriminación contra os bengalís, que compuñan a maioría da poboación do antigo Paquistán Oriental. El demandou unha maior autonomía para a provincia, e opúxose ó réxime do Mariscal Ayub Khan.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |