Shake Your Money Maker (álbum)

Shake Your Money Maker é o álbum de début da banda americana The Black Crowes, editado en xaneiro de 1990. É o único álbum da banda co guitarrista Jeff Cease. O álbum está chamado así debido a unha canción de blues escrita por Elmore James. The Black Crowes tocaron esa canción en directo moitas veces, pero non está incluída no álbum.

Shake Your Money Maker
Álbum de The Black Crowes
Publicadoxaneiro de 1990
Gravación1989
Estudio(s)Soundscape Studios, Atlanta; Chapel Studios, Paramount Studios e Grandmaster Studios, Los Angeles.
Duración43:42
Xénero(s)hard rock, blues-rock, southern rock, rock and roll
Selo(s)Def American
Producido porGeorge Drakoulias
Cronoloxía
Shake Your Money Maker The Southern Harmony and Musical Companion (1992)

Shake Your Money Maker chegou á 4ª posición na lista Billboard, e dous dos seus sinxelos, "Hard to Handle" e "She Talks to Angels", chegaron á primeira posición na lista Mainstream Rock Tracks. "Jealous Again", "Twice As Hard" e "Seeing Things" estiveron tamén nas listas dos Estados Unidos.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas escritos por Chris Robinson e Rich Robinson, agás os indicados.

  1. "Twice As Hard" – 4:09
  2. "Jealous Again" – 4:35
  3. "Sister Luck" – 5:13
  4. "Could I've Been So Blind" – 3:44
  5. "Seeing Things" – 5:18
  6. "Hard to Handle" (Allen Jones, Alvertis Isbell, Otis Redding) – 3:08
  7. "Thick N' Thin" – 2:44
  8. "She Talks to Angels" – 5:29
  9. "Struttin' Blues" – 4:09
  10. "Stare It Cold" – 5:13
  11. "Live Too Fast Blues/Mercy, Sweet Moan" – 1:17
Bonus tracks
  1. "Don't Wake Me" – 3:33
  2. "She Talks to Angels (Acoustic)" – 6:19

"Live Too Fast Blues/Mercy, Sweet Moan" está despois das bonus tracks.