Seymour Martin Lipset
Seymour Martin Lipset, nado en Nova York o 18 de marzo de 1922 e finado en Arlington o 31 de decembro de 2006, foi un sociólogo e politicólogo estadounidense especializado na socioloxía política e que tamén estudou a organización das organizacións sindicais, a estratificación social, a opinión pública e a socioloxía da vida intelectual, tamén escribiu amplamente sobre as condicións para a democracia desde unha perspectiva comparada
Traxectoria
editarFillo de inmigrantes xudeus rusos, graduouse no City College of New York, onde militou en organizacións da esquerda antiestalinista e chegou a ser o presidente nacional da Liga da Mocidade Socialista, mocidades do Partido Socialista, forza que deixou en 1960 [1], describíndose desde entón como centrista, fortemente influenciado por figuras como Alexis de Tocqueville, George Washington, Aristóteles e Max Weber. En 1949 doutorouse en socioloxía na Universidade de Columbia in 1949 e xa antes dera clases na Universidade de Toronto, e posteriormente nas universidades de Columbia e Berkeley. Foi profesor de ciencias políticas e socioloxía na Universidade Stanford (1975–1990) e profesor de goberno e socioloxía na Universidade Harvard.
Lipset foi membro da Academia Nacional de Ciencias e foi a única persoa en ser presidente tanto da American Sociological Association (1992–93) como da American Political Science Association (1979–80), e mais foi tamén presidente da International Society of Political Psychology, a Sociological Research Association, a World Association for Public Opinion Research e a Society for Comparative Research e da Sociedade Paul F. Lazarsfeld en Viena.
Lipset foi un activista en diferentes causas, foi director do United States Institute of Peace, membro do consello de goberno do Albert Shanker Institute, copresidente do Comité para unha UNESCO Efectiva e conselleiro do National Endowment for the Humanities, the National Humanities Institute, o National Endowment for Democracy e o American Jewish Committee. Foi presidente de American Professors for Peace in the Middle East, xefe do B'nai B'rith estadounidense. Traballou durante anos en procurar unha solución para o conflito palestino-israelí.
Obras
editar- Agrarian Socialism: The Cooperative Commonwealth Federation in Saskatchewan, a Study in Political Sociology (1950), ISBN 0-520-02056-1 (1972 printing). edición online
- We'll Go Down to Washington (1951).
- Union Democracy con Martin Trow e James S. Coleman.
- Social Mobility in Industrial Society con Reinhard Bendix (1959), ISBN 0-88738-760-8 edición online
- Social Structure and Mobility in Economic Development con Neil J. Smelser (1966), ISBN 0-8290-0910-8 edición online
- Economic Development and Political Legitimacy (1959).
- Political Man: The Social Bases of Politics (1960), ISBN 0-385-06650-3. edición online
- The First New Nation (1963), ISBN 0-393-00911-4 (reedición, 1980). edición online
- The Berkeley Student Revolt: Facts and Interpretations, editado con Sheldon S. Wolin (1965)
- Party Systems and Voter Alignments., coeditado con Stein Rokkan (Free Press, 1967)
- Student Politics (1967), ISBN 0-465-08248-3. edición online
- Revolution and Counterrevolution: Change and Persistence in Social Structures, (1968) ISBN 0-88738-694-6 (reedición, 1988). edición online
- Prejudice and Society, con Earl Raab.
- The Politics of Unreason: Right Wing Extremism in America, 1790-1970, con Earl Raab (1970), ISBN 0-226-48457-2 (reedición, 1978). edición online
- The Divided Academy: Professors and Politics con Everett Carl Ladd, Jr. (1975), ISBN 0-07-010112-4. edición online
- The Confidence Gap: Business, Labor, and Government in the Public Mind (1987).
- Continental Divide: The Values and Institutions of the United States and Canada (1989).
- Jews and the New American Scene con Earl Raab (1995).
- American Exceptionalism: A Double-Edged Sword (1996).
- It Didn't Happen Here: Why Socialism Failed in the United States con Gary Marks (2001), ISBN 0-393-32254-8.
- The Paradox of American Unionism: Why Americans Like Unions More Than Canadians Do, but Join Much Less con Noah Meltz, Rafael Gomez e Ivan Katchanovski (2004), ISBN 0-8014-4200-1.
- The Democratic Century con Jason M. Lakin (2004), ISBN 0-8061-3618-9.
- "Steady Work: An Academic Memoir", in Annual Review of Sociology, Vol. 22, 1996. edición online Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
Notas
editar- ↑ Seymour Martin Lipset Steady Work : An Academic Memoir Annual Review of Sociology, Vol. 22, 1996, p. 1-27
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Seymour Martin Lipset Memorial Website Arquivado 30 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía no Hoover Institution (en inglés)
- Booknotes entrevista con American Exceptionalism: A Double-Edged Sword, 23 de xuño de 1996. (en inglés)
- Obituario no The Washington Post (en inglés)