69 (sexo)

posición sexual que permite a práctica de sexo oral mutuo simultaneamente
(Redirección desde «Sesenta e nove»)

O 69 é unha postura sexual que permite a práctica do sexo oral mutuo de modo simultáneo.

Postura sexual 69
Gravado titulado Le Diable au Corps, 1865.

Características editar

Para alcanzar esta postura, normalmente os dous individuos próstranse riba dunha superficie sólida, un sobre o outro. Con todo, no canto de situárense cara a cara, cada un sitúa a súa cabeza fronte aos xenitais do contrario, permitindo dese modo que poidan ser estimulados ao mesmo tempo.

Esta posición é precisamente unha variante na enciclopedia sexual chamada Kama Sutra. Hai variantes, unha delas de pé na que o home asume o esforzo e carga sobre si á muller, quen en posición invertida ao home só será sostida polas súas pernas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gershon Legman. Oral Techniques in Genital Excitation. Nova York, the Julian Press Inc., 1969.