Serra do Mar

serra do litoral sur e sueste do Brasil

A Serra do Mar é un sistema montañoso de 1 500 km de longo que se atopa no sueste do Brasil. Esténdese dende o leste cara ao sur do país, dende o Estado de Río de Xaneiro até o norte do Estado de Santa Catarina.[1] O punto máis elevado é o pico Maior de Friburgo, cunha altura de 2 310 metros.

Serra do Mar
Serra do Mar
Serra do Mar en Brasil
Serra do Mar
Serra do Mar
Localización da serra.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Brasil
LocalizaciónSão Paulo e Paraná, Brasil
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador893rev

Debido ao seu valor xeolóxico, a riqueza da súa fauna e flora, parte do treito paulista da serra do Mar foi protexido polo Condephaat e foi incluído no Patrimonio Histórico do Estado de São Paulo o 6 de xuño de 1985.[2]

De acordo co artigo 225, §4.º da Constitución do Brasil, a Serra do Mar, a selva amazónica, a mata atlántica, o Pantanal Mato-Grossense e a zona costeira constitúen patrimonio nacional.[3] Unha parte da serra do Mar foi declarada en 1999 Patrimonio da Humanidade, como parte do sitio "Reserva de mata atlántica do sueste» (ref. 893rev).

Notas editar

  1. "Unidades de Relevo" (PDF). IBGE. Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  2. Secretaria do Estado da Cultura do Estado de São Paulo. "Serra do Mar e de Paranapiacaba". Archived from the original on 04 de xullo de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  3. "Constituição da República Federativa do Brasil de 1988". Consultado o 14 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar