Serra de Alfàbia

Coordenadas: 39°44′7″N 2°42′46″L / 39.73528, -2.71278

A serra de Alfàbia é unha serra da illa de Mallorca que forma parte da serra de Tramuntana. Recibe o seu nome da posesión de Alfàbia, no concello de Sóller.

A serra de Alfàbia dende Fornalutx.

Cunha altitude máxima de 1.067 metros, separa o val de Sóller do val de Orient. Limita ao norte con Sóller, ao sur con Bunyola e Orient, ao leste co Puig de l'Ofre (1.090 m) e ao oeste co Puig des Teix (1.064 m). No cumio hai unhas antenas repetidoras que permiten a recepción das canles de televisión e emisoras de radio en practicamente todas as poboacións da illa de Mallorca.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar