Sergio Rodríguez Gómez
Sergio Rodríguez Gómez, nado o 12 de xuño de 1986 en San Cristóbal de La Laguna, é un ex-xogador profesional de baloncesto español. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.
Traxectoria profesional
editarRodríguez comezou a súa traxectoria coma profesional no CB Estudiantes. Foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Phoenix Suns, e foi traspasado no mesmo día ós Portland Trail Blazers.
O 25 de xuño de 2009, Rodríguez foi traspasado xunto á 38ª elección do Draft de 2009 ós Sacramento Kings, a cambio da 31ª elección do Draft de 2009.[1]
O 28 de febreiro de 2010, Rodríguez foi traspasado ós New York Knicks xunto a Tracy McGrady nun traspaso entre tres equipos.[2]
O 5 de xullo de 2010, tras catro tempadas na NBA, Rodríguez asinou un contrato de 3 anos co Real Madrid da Liga ACB.[3] En xullo de 2012, asinou unha extensión de contrato por dous anos co Real Madrid.[4]
Selección nacional
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Palmarés
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ "Trail Blazers trade Sergio Rodriguez, Jon Brockman to Kings for Jeff Pendergraph". Inside Hoops. 25 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2011.
- ↑ "Knicks obtain McGrady in 3-team, 9-player trade". SI.com. 18 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2011.
- ↑ "Sergio Rodriguez joins Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2010. Consultado o 3 de setembro de 2010.
- ↑ "Euroleague.net REAL MADRID, Rodriguez agree to extension through 2015.". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)