Keko Gontán

futbolista español
(Redirección desde «Sergio Gontán Gallardo»)

Sergio Gontán Gallardo, coñecido futbolisticamente coma Keko, nado en Brunete (Madrid) o 27 de decembro de 1991, é un futbolista español. Xoga de extremo no Sacramento Republic da USL Championship dos Estados Unidos.

Keko Gontán
Información persoal
Nome Sergio Gontán Gallardo
Nacemento 27 de decembro de 1991 (32 anos)
Lugar de nacemento Brunete
Nacionalidade España
Altura 1,77 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Sacramento Republic
Carreira xuvenil
2004–2008 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 Atlético de Madrid B 43 (6)
2009–2011 Atlético de Madrid 1 (0)
2010Valladolid (cedido) 13 (0)
2010–2011Cartagena (cedido) 14 (0)
2011Girona (cedido) 11 (0)
2011–2014 Catania 23 (1)
2012Grosseto (cedido) 10 (0)
2014–2015 Albacete 33 (6)
2015–2016 Eibar 29 (3)
2016–2020 Málaga 50 (0)
2018–2019Valladolid (cedido) 26 (2)
2020–2021 Deportivo da Coruña 23 (2)
2022– Sacramento Republic 63 (9)
Selección nacional
2007 España sub-16 4 (0)
2007–2008 España sub-17 11 (5)
2009 España sub-18 3 (1)
2009–2010 España sub-19 10 (3)
Na rede
UEFA: 1907290 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Atlético de Madrid editar

Formouse nas categorías inferiores do Atlético de Madrid e na tempada 2008/09 subiu ao filial, o Atlético Madrid B, na Segunda División B, disputando 27 encontros e marcando tres goles. Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo da man do adestrador mexicano Javier Aguirre. Foi o 29 de outubro de 2008 nun partido da Copa do Rei contra o Orihuela, converténdose no futbolista máis novo en xogar en partido oficial co club madrileño, con 16 anos e 307 días de idade.[1] Comezou a seguinte tempada no filial e debutou na Primeira División na xornada 2, nun empate 1-1 contra o Racing de Santander no Vicente Calderón. No mercado invernal foi cedido ao Real Valladolid, tamén en Primeira.[2] Disputou 13 encontros co equipo de Valladolid, onde tivo tres adestradores (Mendilíbar, Onésimo e Clemente), e acabou descendendo ao remate da tempada.

Na tempada 2010/11 foi cedido a dous equipos, FC Cartagena e Girona, ambos de Segunda División, cos que disputou un total de 26 partidos.

Catania editar

En xullo de 2011, despois de que o Atlético de Madrid non renovase o seu contrato, marchou a Italia para xogar na Serie A co Catania, club co que asinou un contrato por tres anos.[3] En xaneiro de 2012, despois de non ser utilizado en ningún partido polo adestrador Vincenzo Montella, saíu cedido xunto a Fabio Sciacca ao Grosseto, da Serie B.[4]

De volta en Sicilia debutou co Catania na Serie A o 24 de febreiro de 2013. Foi nun partido contra o Parma no Estadio Ennio Tardini, onde xogou como titular e marcou o segundo gol do seu equipo que acabou por darlle a vitoria.[5] A súa participación no club siciliano aumentou na súa terceira e derradeira tempada, na que xogou 19 partidos, pero o equipo acabou descendendo á Serie B.

Albacete editar

Na tempada 2014/15 volveu a España, fichando polo Albacete, na Segunda División. Foi titular na maoría de partidos do equipo adestrador por Luis César Sampedro, e marcou seis goles, dous deles no partido contra o Llagostera no que selaron a permanencia na categoría.[6]

Eibar editar

No verán de 2015 asinou contrato co Eibar de Mendilíbar, que iniciaba a súa segunda campaña na Primeira División. Foi titular durante a maioría de partidos, aínda que perdeu varios por lesións, e marcou os seus primeiros tres goles na categoría, sendo o primeiro deles contra o Sporting de Gijón en Ipurua e o terceiro contra o seu exequipo, o Atlético de Madrid, no Calderón.

Málaga editar

Na tempada 2016/17 fichou polo Málaga, onde asinou por catro anos.[7] Comezou como titular ata que unha lesión o afastou do equipo durante tres meses.[8] Disputou 22 partidos esa tempada e 21 na seguinte, na que o Málaga descendeu a Segunda.

Na 2018/19 regresou ao Valladolid, cedido polo Málaga.[9] Co equipo de Sergio González xogou 29 partidos e marcou dous tantos, contribuíndo á permanencia na máxima categoría un ano máis. De volta en Málaga contou con poucos minutos no equipo adestrador por Víctor Sánchez, no que xogou só media tempada.

Deportivo da Coruña editar

O 14 de xaneiro de 2020 anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas e media polo Deportivo da Coruña.[10] Debutou contra o Alcorcón e xogou sete partidos na tempada na que o equipo galego descendeu á Segunda División B.

O 5 de outubro de 2020, Keko e o Deportivo chegaron a un acordo para ampliar o contrato do xogador ata 2024.[11] Foi titular ao longo da tempada 2020/21 e marcou dous goles, contra Pontevedra e Zamora. Ao remate da tempada o seu contrato co club foi rescindido.[12]

Sacramento Republic editar

Despois de estar varios meses sen equipo, en xaneiro de 2022 asinou co Sacramento Republic, equipo da USL Championship, segunda categoría dos Estados Unidos.[13] No seu primeiro ano nos Estados Unidos proclamouse subcampión da US Open Cup, sendo titular na final que o seu equipo perdeu ante o Orlando City.[14]

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española dende a sub-16 á sub-19. Coa selección sub-17 proclamouse campión de Europa no torneo celebrado en Turquía en 2008 e coa sub-19 foi subcampión de Europa dous anos despois en Francia, cun equipo que el mesmo capitaneaba.[15][16]

Palmarés editar

Selección española sub-17

Notas editar

  1. Casáñez, Juan (31 de outubro de 2008). "Keko es el más joven en debutar con el Atlético". As (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  2. "Keko se marcha cedido al Valladolid hasta final de temporada". Marca (en castelán). 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  3. "Keko firma por tres años con el Catania". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  4. "UFFICIALE: Keko e Sciacca al Grosseto" (en italiano). 8 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  5. "Parma - Catania". BDFutbol (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  6. "El Albacete sella la salvación a costa de la gran racha azulgrana". Marca (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  7. "El Málaga ficha a Keko del Eibar" (en castelán). 22 de xuño de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  8. "Keko se incorpora a los entrenamientos tras más de tres meses lesionado". Marca (en castelán). 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  9. "Keko llega cedido al Valladolid". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  10. "Keko, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2020. 
  11. Keko Gontán seguirá no Dépor tres temporadas máis
  12. Miranda, Carlos (19 de agosto de 2021). "El Dépor rescinde a Keko y Cartabia e incluye a Borges y Uche en el ERE". La Opinión (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  13. Núñez, Alfonso (12 de xaneiro de 2022). "El exdeportivista Keko Gontán jugará en la segunda liga de fútbol de Estados Unidos" (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  14. "Orlando City - Sacramento 2022" (en inglés). 8 de setembro de 2022. Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  15. "España, campeona de Europa sub'17". El Mundo (en castelán). 16 de maio de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  16. "España se despista y se queda sin Europeo". Marca (en castelán). 30 de xullo de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar