Sergio Álvarez de Villamil
Sergio Álvarez Rodríguez de Villamil, ou de Villaamil, nado en Madrid o 14 de marzo de 1889, e finado ibídem o 7 de maio de 1960, foi médico e político español, alcalde de Madrid durante a Segunda República[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Sergio Álvarez Rodríguez de Villamil ![]() 14 de marzo de 1889 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 7 de maio de 1960 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
25 de outubro de 1935 – 20 de febreiro de 1936 ← Rafael Salazar Alonso (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , médico , diplomático ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarAccedeu ó concello de Madrid en outubro de 1934, ó facerse cargo do concello unha xestora tras os sucesos revolucionarios de devandita data, con Rafael Salazar Alonso como alcalde. Villamil substituíu a Salazar (que dimitiu por mor do escándalo do "estraperlo") en outubro de 1935 e ocupou o cargo de alcalde até o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, que restauraron a corporación municipal destituída en 1934.
Dá nome á estación do tren lixeiro Álvarez de Villamil no PAU de Sanchinarro de Madrid.
Notas
editar- ↑ "Un exalcalde de Madrid, decano honorario de la Beneficencia". ABC. 9 de setembro de 1959.