Seo Ye-ji

actriz surcoreana

Seo Ye-ji, nada en Seúl o 6 de abril de 1990, é unha actriz surcoreana.

Infotaula de personaSeo Ye-ji

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ko) 서예지 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónYoungwon Middle School (en) Traducir
Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua coreana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6134380 Rottentomatoes: celebrity/seo_ye_ji_2
Twitter: seoyeaji Instagram: yeaji_on_top Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid [1] en España[2] e aínda que pensaba dedicarse á presentación de informativos, un directivo da súa axencia de talentos, Made in Chan Entertainment, convenceuna para dedicarse á actuación. A súa primeira aparición foi nun anuncio de SK Telecom e debutou como en 2013 como actriz na comedia Gamjabyeol 2013QR3[3].

Ao ano seguinte tivo un papel protagonista na serie Yagyeongkkun Ilji da MBC. En 2015 participouu en tres filmes, o drama independente Bi-mil o drama histórico Sado e a comedia Bongyi Kim Seondal[4]. Tamén participou no vídeo musical da canción Uri Saranghaji Marayo do grupo Big Bang. En 2016 foi unha das protagonistas da serie xuvenil Murimhakgyo para a KBS2 e en 2017 da serie de misterio Guhaejwo que se emitiu en Orion Cinema Network. En 2019 protagonizou o filme de terror, Amjeon e en 2020 a serie romántica Saikojiman gwaenchana á beira de Kim Soo-hyun.

En xaneiro de 2020 Seo asinou coa axencia Gold Medalist canda os actores Kim Soo-hyun e Kim Sae-ron[5][6][7].

Notas editar

  1. "Complutense University of Madrid". completeuniversityinfo.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  2. "Starlet Seo Ye-ji Admits She's Far from Flamboyant". Chosun Ilbo. 14 de xuño de 2014. 
  3. "유노윤호와 열애설 서예지, 과연 그녀는 누구?". JoongAng Ilbo. 9 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  4. "SEO Yea-ji". Korean Film Biz Zone. 10 de xuño de 2020. 
  5. "김수현, 사촌형 손잡고 신생 골드메달리스트 품에…서예지·김새론 한솥밥". SBS. 1 de xaneiro de 2020. 
  6. "‘키이스트 떠난’ 김수현, 골드메달리스트 行... 서예지·김새론도 전속계약 (공식입장)". Beffreport. 1 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  7. "김수현-서예지-김새론, 골드메달리스트와 전속계약 체결(공식입장)". Zenith. 1 de xaneiro de 2020.