Sendeiro das Greas

O sendeiro das Greas é unha ruta de sendeirismo de gran percorrido homologada e rexistrada pola Federación Galega de Montañismo como GR 58. Cumpre coa normativa da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)[1].

Características editar

Trátase do máis longo dos sendeiros de gran percorrido en Galicia e discorre por tódolos municipios da mancomunidade de Vigo. Realiza un percorrido circular de gran tamaño e son necesarias varias xornadas para realizalo completo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular, como os muíños da Devesa, a carballeira de Barragán, a fraga e as ribeiras de Couñago, un foxo de lobos, o bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns, o muíño das Maquías, as marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona ou a fraga de Oliveira. Tamén hai importantes monumentos que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide, a Mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

O percorrido atravesa os municipios de Vigo, Redondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Gondomar, Baiona e Nigrán.

Notas editar