A viaxe de Chihiro

filme de animación xaponés
(Redirección desde «Sen to Chihiro no kamikakushi»)

A viaxe de Chihiro[1] (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.

A viaxe de Chihiro
Logo título do filme
Ficha técnica
Título orixinalSen to Chihiro no kamikakushi
DirectorHayao Miyazaki
ProdutorToshio Suzuki
GuiónHayao Miyazaki
IntérpretesRumi Hiiragi
Miyu Irino
Mari Natsuki
MúsicaJoe Hisaishi
FotografíaAtsushi Okui
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioStudio Ghibli
DistribuidoraToho (Xapón)
Walt Disney Pictures (USA)
Estrea2001
Duración125 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación, aventuras
Orzamento$19 000 000
Recadación$330 000 000
Na rede
https://www.ghibli.jp/works/chihiro/, http://bventertainment.go.com/movies/spiritedaway/index2.html e http://SpiritedAway15.com
IMDB: tt0245429 Filmaffinity: 759533 Allocine: 37485 Rottentomatoes: m/spirited_away Mojo: spiritedaway Allmovie: v254034 TCM: 437090 Metacritic: movie/spirited-away TV.com: movies/spirited-away Netlix: 60023642Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Chihiro é unha nena de aproximadamente dez anos, perturbada polo cambio de residencia que está obrigada a facer cos seus pais. Cando estes, chamados Akio e Jou, din que teñen que cambiar de casa, Chihiro non pode ocultar agochar os seus sentimentos negativos. No camiño para a súa nova casa, a familia vai no coche por unha estrada abandonada e de súpeto atópanse cunha rúa sen saída. Alí descobren un enorme edificio vermello cun túnel escuro que semella unha boca xigantesca. O túnel leva a unha cidade pantasma onde hai un fantástico banquete.

Akio e Jou non dubidan en probalos alimentos dicíndolle á súa filla que aínda que non hai ninguén para atendelos teñen cartos abondo para pagar. Chihiro mira ós seus pais sen unirse a eles, e eles engulindo prato tras prato ata que sen decatarse, son transformados en porcos. Sen querer entraron nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, gobernado pola, malvada Yubaba, unha meiga que rexenta un casa de baños para milleiros de deuses e espíritos. Yubaba dille a Chihiro que os seus pais foron transformados en animais por comportarse coma eles, e a súa intención é matalos para servir de alimento, este é o castigo por comer un banquete que estaba reservado para os deuses.

Afortunadamente, Chihiro atopa un amigo na forma do enigmático Haku. Haku vive na casa de baño con Yubaba. El é un neno (aparentemente) que a axuda a sobrevivir no mundo espiritual, por razóns que son reveladas ó final do filme.

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar