Semana Santa en Castela e León

A Semana Santa en Castela e León é, como en moitas outras Comunidades Autónomas españolas, unha importante manifestación cultural e popular que vira ao redor da celebración relixiosa cristiá da Semana Santa.

Virxe da Soidade, Zamora.

De gran variedade en cada unha das provincias, algunhas como a de Valladolid son destacadas polo enorme valor artístico das tallas procesionadas; outras, como a de Zamora, polo seu enorme recollemento, e todas, en xeral, polo seu carácter sobrio e xeralmente austero, que reflicte un carácter abertamente distinto en comparación con exemplos quizais máis coñecidos, como o andaluz.

Por outra banda, a Semana Santa constitúe, en Castela e León, un dos principais reclamos turísticos, que conseguen ano a ano atraer a decenas de miles de turistas, que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Trátase da Comunidade Autónoma con maior número destas celebracións declaradas festa de interese turístico internacional, oito en total: Ávila,[1] León, Medina del Campo, Medina de Rioseco, Palencia, Salamanca, Valladolid e Zamora.

A primeira celebración en conseguir tal distinción en España foi a Semana Santa de Valladolid, en 1980, e actualmente xunto á Semana Santa de Zamora son as únicas a nivel nacional candidatas a Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.[2][3]

Pola súa banda, Astorga e Ponferrada gozan do distintivo de interese turístico nacional.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar