O Gran Selo do Montana é un dos símbolos deste estado, e foi aprobado en 1865, cando Montana era un Territorio dos Estados Unidos. Tras converterse en estado en 1889, decidiuse utilizar o mesmo selo.[1] En 1891, fixéronse propostas para intentar cambios ou adoptar un novo selo, aínda que sen chegar a ningún éxito. A coroa circular do selo contén o texto The Great Seal of the State of Montana (O Gran Selo do Estado de Montana). O círculo interior contén unha pa, un pico e un arado, simbolizando a Montana agrícola e mineira. O estandarte na parte inferior mostra o lema de Oro Y Plata, en español, aínda que se considerou mudalo polo de Eldorado.[1]

Gran Selo do Estado de Montana
Versións

Armas históricas (1876)
Detalles
ArmigerEstado de Montana
Adoptado1865
OrdesOro y plata

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Montana Secretary of State's. "About the State Seal" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2011.