Selma Rainio

Selma Rainio, coñecida co alcume Gwanandjokwe entre o pobo ovambo, nada o 21 de marzo de 1873 en Saarijärvi (Finlandia) e finada o 5 de xaneiro de 1939 en Onandjokwe (África do Sueste), foi unha doutora finlandesa.

Selma Rainio
Selma-Rainio.jpg
Nacemento21 de marzo de 1873
 Finlandia Central
Falecemento5 de xaneiro de 1939
RelixiónLuteranismo
Ocupaciónmédica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1908 chegou á misión luterana finlandesa no Ovambo (Namibia), foi a primeira médica da misión e estableceu en 1911 o Hospital Luterano de Onandjokwe, abriu tamén no seo do hospital en 1930 a primeira escola de enfermeiras no territorio que hoxe é Namibia. A moitas mulleres ovambo que naceron nese hospital as súas nais puxéronlle o nome Selma como recoñecemento do labor da doutora.