Selección feminina de hóckey sobre xeo de México

Federación
Federación Deportiva de México de Hockey sobre Hielo, A.C.
Seleccionador
Diego de la Garma
Último título
2017 (Div IIB)
Máis partidos
Berth González
Claudia Téllez: 62
Máis puntos
Claudia Téllez: 84
Clasificación IIHF
25
Estrea internacional
Arxentina 1–0 México
(Cuautitlán Izcalli, México; 18 de febreiro de 2012)
Maior vitoria
México 17–0 Brasil
(Cidade de México, México; 6 de xuño de 2017)
Maior derrota
Letonia 8–0 México
(Cidade de México, México; 5 de abril de 2023)

A selección feminina de hóckey sobre xeo de México é o equipo que representa a México nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2024, a IIHF (das siglas en inglés de Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo) publicou a clasificación mundial de seleccións, na que España ocupou o 24º posto. Segundo datos da IIHF, en 2024 había en México un total de 140 mulleres que practicaban o hóckey sobre xeo.

O equipo debutou en 2012 nun partido amigable disputado en Cuautitlán Izcalli (México), e en competición oficial no Campionato do Mundo 2014 - Division IIB Q, conseguindo clasificarse para disputar o ano seguinte a Division IIB. En 2017 ascendeu ao cuarto nivel do Campionato do Mundo, a Division IIA. Ao longo da súa historia, a selección española gañou dúas medallas na Division IIB do Campionato do Mundo (1 ouro e 1 prata), e dous bronces na Division IIA.

Dende a súa creación a selección absoluta mexicana de hóckey sobre xeo está dirixida por Diego de la Garma. Berth González e Claudia Téllez son as xogadoras que máis partidos disputaron co combinado mexicano (62), mentres que Claudia Téllez é a máxima puntuadora histórica do equipo con 84 puntos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar