Selección de fútbol sala de Galicia

A selección nacional de fútbol sala de Galicia é un equipo combinado formado por xogadores de fútbol sala de Galicia, que participa en competicións de carácter amigábel ao non ter recoñecemento da UEFA.

Creación editar

A selección galega foi creada a comezos de 2008 e disputou o seu primeiro partido o 29 de febreiro dese ano, contra a selección do Uruguai, nas pistas do polideportivo da Malata, en Ferrol.

A primeira selección galega editar

Xogador Alcume Data de nacemento Club Goles
Porteiros
Antonio Lodeiro Pazos Toni 24 de abril de 1974 Azkar Lugo
Eduardo Saavedra Cebreiro Edu 19 de xuño de 1979 Burela Pescados Rubén
Óscar Barcón Ríos Canoli 26 de setembro de 1975 Cidade de Narón
Peches
Roberto Carlos García Carballo Pitu 14 de maio 1973 Leis Pontevedra
César Revilla Repiso Revilla 4 de abril 1981 Burela Pescados Rubén
Alas
Adrián Martínez Vara Adri 3 de outubro de 1986 Azkar Lugo
Manuel Barral Otero Manu 21 de xullo de 1976 Lobelle 1
Adrián Alonso Pereira Pola 26 de xuño de 1988 Lobelle
Juan Puertas Bouzón Juan Puertas 4 de decembro de 1979 Leis Pontevedra
Eduardo García Carballo Edu 10 de xuño de 1979 Coinasa Ourense
Pablo Iglesias Paz Pablo 23 de outubro de 1978 Cidade de Narón
Víctor Prado Vázquez Víctor 14 de xuño de 1978 Cidade de Narón
Pivotes
Juan Manuel Marrube Rodríguez Juanma 27 de agosto 1979 Burela Pescados Rubén
Óscar Álvarez Naveiro Óscar Vivian 24 de xullo de 1975 Coinasa Ourense 1
Juan Manuel Rodríguez Tenreiro Pana 27 de abril de 1978 O Parrulo Ferrol 4

Os adestradores foron Bruno García Formoso e Javier Pardeiro Casavella. O cinco inicial formárono Toni, Pola, Manu, Juan Puertas e Pitu.

Datos e resultado editar

O partido rematou cun resultado de 6-1 favorábel a Galiza. Os goles galegos foron anotados por Oscar Vivian (5'), Pana (23', 23', 24', 26') e por Manu (27'). O gol uruguaio marcouno o galego Pola no minuto 37', en propia meta. Os árbitros foron Álvaro Cid Bragado e Xesús Manuel Sande Veiga, auxiliados por Rocío Ruano Melón. Expulsaron o galego Pitu e o uruguaio D´Alessandro, ambos no minuto 37, con tarxeta vermella directa. O campo colleitou unha entrada de 4.000 espectadores[1].

A selección uruguaia estivo formada por Barros, Rodríguez, D´Alessandro, Moliterno e Blankleider (cinco inicial), e mais por Castro, Dinolfi, Mato, Fabián Hernández, Laurino, Sena, Carlos Pérez e Santana.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar