Selbach mac Ferchair

rei de Dalriada

Selbach mac Ferchair, finado en 730, foi rei dos Cenél Loairn e de Dalriada. A existencia de Selbach está ben atestada e menciónase en varias ocasións nos Anais irlandeses.

Selbach mac Ferchair
Nacementoséculo VII
Falecemento730
NacionalidadeDalriada
Ocupaciónmonarca
PaiFerchar Fota
FillosDúngal mac Selbaig
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Selbach mac Ferchair era fillo de Ferchar Fota. Gobernou como rei dos Cenél Loairn entre o ano 698 até a súa abdicación en 723, pero só foi gobernante indiscutible de Dalriada durante os anos finais da súa vida.