Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story

Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story é un filme da Samoa Americana de 2013 escrito e dirixido por Zena Iese, rodado e ambientado na Samoa Americana.[1] Rodouse principalmente en lingua samoana, e o título quere dicir "es incrible".[2]

Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story
Ficha técnica
Título orixinalSeki A Oe: A Crazy Samoan Love Story
DirectorZena Iese
ProdutorTuugaolo Logotaeao
Alfred Tinitali
GuiónZena Iese
Intérpretes
  • Tai Williams
  • Kristina Vaeao
  • Princess Auvaa
  • Fa’afetai Ta’afua Ulu
FotografíaAlexander Zodiacal Jr.
MontaxeZena Iese
EstudioNavigator Island Pictures
Estrea20 de decembro de 2013
Duración85 minutos
OrixeSamoa Americana Samoa Americana
XéneroComedia romántica
Na rede
IMDB: tt3561878 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Jack namórase de Angel, mais é rexeitado. Diana, unha faʻafafine, ensínalle a Jack como namorala.

Produción editar

O director e produtor Zena Iese traballara anteriormente nunha curtametraxe, Heart to Heart – Fatu O Le Alofa.[3][4] A rodaxe realizouse en Pago Pago, e a cerimonia ʻava rodouse no Estadio Veterans Memorial.[5] O filme foi financiado parcialmente a través de FundRazr.[6]

Estrea editar

Seki A Oe: A Crazy Samoan Love Story estreouse no Auditorio Gobernador H. Rex Lee, en Pago Pago.[7]

Notas editar